Lunes. 19.11.2018 |
El tiempo
Lunes. 19.11.2018
El tiempo

O estudantado galego secunda a folga deste xoves contra a Lomce

Estudantado de Santiago de Compostela participan nunha manifestación contra a Lomce. XOÁN REY (EFE)
Estudantado de Santiago de Compostela participan nunha manifestación contra a Lomce. XOÁN REY (EFE)

Apostan por unha lei de educación propia e polo fomento da paridade no ensino

O estudantado galego de ensino medio e superior están convocados este xoves a unha folga para reclamar, entre outras cuestións, a derrogación da Lomce, o fomento da paridade no ensino e a conformación dunha lei galega de educación. 

A asociación estudantil Erguer e a Asemblea Aberta de Mulleres son os convocantes deste paro, que continúa as reclamacións da folga estudantil do pasado mes de novembro. A iniciativa conta con apoios como o de Galiza Nova ou o da CIG

Baixo a lema "Nin Lomce nin pactos entre elites", Erguer asegurou que esta protesta busca a creación dunha lei galega de educación á vez que a derrogación da Lomce. "Queremos continuar incidindo na necesidade de que en Galicia teñamos unha lei educativa propia que rompa co contido neoliberal e españolizador da Lomce", dixo Nerea Edreira, de Erguer, que pediu a derrogación desta norma e o "mantemento da moratoria para a aplicación do Decreto 3+2". 

Fronte a esta normativa estatal, os representantes de Erguer apostan por unha lei galega en materia educativa que "dea voz" á Comunidade neste ámbito, que "garanta un ensino accesible para todos os estudantes de clase traballadora" e que aposte por un ensino en galego. 

Ao mesmo tempo, reclaman que se fomente "o aumento das partidas orzamentarias para o ensino público" e se prohíban as subvencións ou concertos "con centros privados", especialmente no ámbito dos centros que segregan por sexo, contra os que cargan.

MOBILIZACIÓNS. Ademais da xornada de folga en ensino medio e superior, están convocadas manifestacións ás 12.00 horas na Coruña (Praza de Vigo), Santiago (Alameda), Ourense (Subdelegación do Goberno), Pontevedra (Praza da Peregrina) e Vigo (Praza América). 

Do mesmo xeito, haberá concentracións á mesma hora en Boiro, Bueu, Cangas, Ferrol, Lugo, Marín, Moaña e Ribeira. 

En relación a esta folga, o secretario nacional de CIG Ensino, Suso Bermello, expresou o apoio do sindicato ás reclamacións dos estudantes, que "coinciden" coas da CIG. Neste sentido, en declaracións a Europa Press, Bermello reclamou a derrogación da Lomce e a anulación do decreto 3+2, á vez que reivindicou a "necesidade" dunha lei galega de educación. 

O estudantado galego secunda a folga deste xoves contra a Lomce
Comentarios