Dado de alta o mozo intoxicado tras comer unha planta cando facía sendeirismo en Camariñas

El fuego se originó en un brasero de su casa
Un camión de los bomberos. ARCHIVO
photo_camera Un camión de los bomberos. ARCHIVO

Un mozo tivo que ser trasladado este luns a un centro hospitalario en helicóptero debido a unha intoxicación que sufriu tras inxerir parte dunha planta, cando facía sendeirismo con outros dous amigos pola zona de Cabo Vilán, en Camariñas.

Os feitos ocorreron entre as 16.00 e as 17.00 da tarde. Sobre esa hora, un dos outros membros do grupo chamou ao 112 Galicia para alertar de que o seu amigo "inxerira algo" e necesitaba asistencia sanitaria. 

Seguidamente, segundo indican a Europa Press fontes da central de emerxencias, pasou o aviso á Garda Civil, a Protección Civil e ao 061-Urxencias Sanitarias, que se encargou de mobilizar unha ambulancia e o helicóptero medicalizado con base en Santiago

Nun primeiro momento, foi a ambulancia a que chegou até onde se situaban os senderistas, preto de Cabo Vilán, para recoller ao novo e trasladalo até o peirao. Alí aterrara a aeronave sanitaria, que foi a que o derivou finalmente até o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). 

Pola súa banda, fontes de Protección Civil –que tamén acudiu ao lugar tras ser informado polo 112– precisan a Europa Press que o afectado por esta intoxicación inxerira "parte da raíz dunha planta" que se atopou polo camiño.

O mozo, duns 20 anos de idade, permaneceu no centro hospitalario durante poucas horas. Ao evolucionar de maneira favorable coa medicación que lle proporcionaron para a intoxicación, recibiu o alta na mesma tarde do luns. 

Comentarios