Facilidades para o retorno a Galicia de emprendedores no exterior

A Xunta ofrece as Axudas Extraordinarias ao Retorno e ao Retorno emprendedor cun orzamento dun millón de euros
A Xunta de Galicia conta con varias Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao Retorno. DP
photo_camera A Xunta de Galicia conta con varias Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao Retorno. DP

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Emigración, mantén a súa firme aposta á hora de apoiar o retorno para facilitar ao máximo a incorporación á sociedade galega daquelas persoas que no seu momento decidiron buscar unha nova oportunidade no estranxeiro, así como aos seus descendentes. A día de hoxe, e ata finais do mes de setembro, a Administración autonómica mantén abertas as axudas correspondentes á convocatoria do Retorno Emprendedor, cun orzamento dun millón de euros. Son axudas que permitirán aos futuros beneficiados contar cun apoio económico de ata 10.000 euros. Esta contía poderase destinar ao sufraxio de custes correntes orixinados pola posta en marcha dun novo negocio ou empresa.

As achegas directas ascenden a 6.000 euros, aumentables en 1.000 euros máis se emprende unha muller e outros 3.000 se a empresa se instala no rural. O obxectivo é que as persoas empredendoras poidan fixar a súa residencia e integrarse a nivel social e laboral na nosa sociedade, realizando as súas actividades profesionais. Isto ten unha dobre vertente positiva, xa que tamén redunda nun mellor desenvolvemento do tecido empresarial galego.

Nos últimos anos a Secretaría Xeral da Emigración destinou máis de 4 millóns de euros para a posta en marcha de preto de 700 proxectos na Comunidade Autónoma. Isto traduciuse nun impacto de investimento en Galicia superior aos 39 millóns de euros para a nosa economía. Neste sentido, o titular deste departamento, Antonio Rodríguez Miranda, ten claro que "este tipo de iniciativas favorecen o acollemento a todas e todos os que desexen iniciar unha nova etapa da súa vida en Galicia". As persoas interesadas poden informarse de todo tipo de axudas ao retorno nas Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, que se emprazan nas principais cidades galegas.

Datos

Segundo os datos que manexa a Xunta de Galicia, a idade media dos e das emprendedoras retornadas que solicitaron nos últimos anos algunha axuda a través da Secretaría Xeral da Emigración para poder poñer en marcha iniciativas profesionais é de 41,5 anos. Practicamente a metade (49%) ten menos de 40 anos. Ademais, o 45% das persoas emprendedoras decidiron poñer en marcha os seus proxectos laborais en concellos emprazados no ámbito do rural de Galicia. O 70% contaba cunha formación específica vencellada ao proxecto que activaron.

Cómpre lembrar que todas estas axudas forman parte das accións que se engloban dentro da Estratexia Retorna, que leva en funcionamento desde o ano 2018 e que a día de hoxe resultou ser un documento esencial para que máis de 28.000 galegos e galegas do exterior puidesen retornar á súa terra. O éxito desa primeira experiencia fixo que en decembro de 2022 fose aprobada a nova Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 (ERG2026), que, ademais de incrementar o orzamento e o número de medidas (ata un cento), tamén se marca como meta conseguir o regreso de 30.000 galegos e galegas no período que vai ata o ano 2026.

No caso da primeira edición desta estratexia, aos 28.000 retornados e retornadas hai que engadir tamén os familiares que, sen ter a nacionalidade española nin vínculos con Galicia, apostaron por acompañalos no seu regreso. O 25% dos e das familiares das persoas galegas no exterior que volven a Galicia para insertarse na nosa sociedade non teñen nacionalidade. Así pois, favorécese tamén un efecto arrastre de poboación na Comunidade Autónoma.

Outro feito que demostra a efectividade da estratexia é que se superou amplamente o obxectivo inicial de conseguir o retorno de 20.000 persoas, chegando ata os 28.000.

Galicia Retorna, unha estratexia pioneira
A nova e pioneira estratexia de Galicia Retorna amplía ata 100 o número de medidas de apoio e pasa a contar cun orzamento de 50 millóns de euros, por 15 da anterior edición. A esta cantidade hai que sumarlle outras opcións que ofrecen algún tipo de incentivo aos galegos do exterior que deciden retornar, o que eleva a partida ata un total de 450 millóns.

Beneficios
Con este tipo de programas, a Xunta de Galicia aposta por consolidar a Galicia como a mellor opción para vivir para todas aquelas galegas e galegos que residen no estranxeiro. para iso, achéganse instrumentos de atracción profesional, así como a súa incorporación ao mercado laboral a través de medidas específicas, potenciando, asemade, as estratexias creadas para a xestión integral da información de interese e o asesoramento técnico.

Acceso a vivenda
Outro aspecto no que pon o foco a Xunta de Galicia é en cuestións como facilitar o acceso á vivenda a través da incorporación da figura dos retornados ás liñas de axuda para alugueiro, rehabilitación e compra.

Ramiro Murga-Cerviño, Game Designer afincado en Poio: "Ahora tengo una mejor posición en el mercado laboral"

Después de retornar de Argentina, Ramiro Murga-Cerviño se ha instalado en la parroquia de San Salvador, en Poio, donde actualmente trabaja como Game Designer de un juego de estrategia en tiempo real con la franquicia de Star Trek. "Es un proyecto grande, que reúne a gente de todas partes del mundo, desde Latinoamérica a Estados Unidos, pasando por España y otros países de Europa", indica. Murga-Cerviño valora positivamente el programa de ayudas impulsado por la Xunta y explica los beneficios y ventajas que le ha supuesto el formar parte del mismo a la hora de asentarse y consolidar su nuevo proyecto laboral.

Ramiro Murga-Cerviño. CEDIDA
Ramiro Murga-Cerviño. CEDIDA

¿Había participado anteriormente en alguna iniciativa o campaña similar?
No, es la primera vez. Tuve conocimiento de este programa a través de Mónica, una asistente social que me echó una mano para conseguir el certificado de emigrante retornado. Fue ella la que me comentó acerca de este tipo de programas. La asesoría que lleva mis cuentas me ayudó en la tramitación.

¿Qué ventajas destacaría?
Yo creo que las ventajas más importantes del programa tienen que ver con que los tiempos de respuesta son relativamente cortos. Además, los requisitos son bastante fáciles de cumplir y las cuantías económicas a las que tienes acceso son lo suficientemente grandes como para contribuir en cuestiones como la compra de equipamiento, que en mi caso es algo muy necesario para llevar a cabo la actividad.

A la hora de desarrollar su proyecto, ¿hasta qué punto ha resultado importante?
Me ha sido de gran ayuda, porque me dio el pequeño empujón que necesitaba para poder desarrollar mi actividad a un nivel competitivo de alto rendimiento. Además, considero que el emprendimiento y la fórmula del autoempleo es cada vez más atractivo en un ámbito profesional en el que los empleos de calidad son más y más difíciles de obtener.

¿Cree que hubiese podido sacar adelante su proyecto sin este programa?
Si bien estimo que hubiera podido realizarlo sin esta ayuda, sin lugar a dudas me ha servido para posicionarme mejor en el mercado, ahorrándome mucho estrés en las primeras etapas por la cuestión de la financiación.

Este programa también me ha ahorrado mucho estrés a la hora de buscar financiación en las primeras etapas