Falece un octoxenario de Vilalba atraogado nunha comida en Insua

O home recibiu durante máis de vinte minutos e sen descanso tarefas de reanimación, pero os esforzos resultaron infrutuosos
Una ambulancia del 061. AEP
photo_camera Unha ambulancia do 061. AEP

Un octoxenario de Vilalba faleceu onte ao mediodía despois de atragoarse nunha comida que se celebraba nun establecemento hostaleiro da parroquia de San Bartolomeu de Insua, de onde tamén era orixinario o home.

O suceso, que consternou aos clientes que estaban nese momento no negocio, mobilizou a axentes da Policía Local da capital chairega e tamén a unha ambulancia de urxencias médicas, cuxo persoal estivo realizando durante máis de vinte minutos e sen descanso tarefas de reanimación.

Os esforzos dos facultativos foron infrutuosos e finalmente non puideron facer nada por salvarlle a vida ao octoxenario, que recibirá este domingo sepultura en San Bartolomeu de Insua.

ACCIDENTE. Este non foi o único suceso que se rexistrou na xornada deste sábado na comarca chairega. Á mañá, en torno ás 11.30 horas, unha persoa resultou ferida tras saírse da vía no punto quilométrico 37,400 da LU-540, á altura da parroquia xermadesa de Roupar.

O único ocupante do vehículo sinistrado foi trasladado a un centro hospitalario. Tamén acudiron ata o lugar axentes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo.