martes. 23.07.2019 |
El tiempo
martes. 23.07.2019
El tiempo

Falece Raúl Fernández, deputado do PSOE no Parlamento galego

Raúl Fernández. ARCHIVO
Raúl Fernández. ARCHIVO

Nacido en 1955, o ourensán faleceu tras padecer unha enfermidade

O deputado socialista Raúl Fernández –Castrelo do Val (Ourense), 1955– faleceu este xoves, segundo informou o PSdeG, que mostra o seu pesar e traslada as súas condolencias a familia e amigos. 

Raúl Fernández faleceu tras padecer unha enfermidade. O PSdeG destaca nun comunicado que "foi un exemplo de honestidade, bo facer, traballo e dedicación ao longo de toda a súa traxectoria profesional e política, ademais dun compañeiro insubstituíble neste Grupo Parlamentario". 

Foi profesor desde 1982 en diversos municipios como Verín, Padrón, Boiro, Negreira, Castrelo do Val e Oímbra. Foi alcalde do seu pobo natal entre 1987 e 2005, momento no que foi designado delegado territorial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes polo Goberno de Emilio Pérez Touriño. 

No ano 2011 volveu ser elixido concelleiro en Castrelo do Val. Foi deputado provincial e tamén estivo ao cargo da Secretaría do PSOE de Ourense. Foi deputado no Parlamento galego nas dúas últimas lexislaturas, nas que se encargou de áreas como infraestruturas.

A través das redes sociais, o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, expresou a "fonda tristeza no socialismo galego" pola morte de Raúl Fernández, "quen traballou duramente moitos anos por unha sociedade máis xusta desde todas as responsabilidades que ocupou". 

Non é a primeira vez que a traxedia golpea á familia, pois en decembro de 2016 a filla de Fernández, de 20 anos, faleceu nun accidente de tráfico en Monterrei.

Falece Raúl Fernández, deputado do PSOE no Parlamento galego
Comentarios