A Fegamp sinala as "dificultades" para os concellos na "organización das eleccións"

Reclama axudas económicas para paliar as consecuencias no sector das orquestras e pide protocolos para plans de conciliación
El alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela. AEP
photo_camera Alberto Varela.DP

Os concellos galegos, representados pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), sinalan as "dificultades que a Covid-19" lles xera na "organización dos comicios" polo que urxe "traballar nas cuestións non resoltas do protocolo elaborado exclusivamente pola Xunta de Galicia".

O presidente da Fegamp, Alberto Varela, manifestou que este "é un protocolo xa aprobado" que obriga aos gobernos locais a "axustarse a esas condicións". Por iso, comunicou á Xunta que "os concellos necesitan empezar a traballar canto antes, porque nestas circunstancias" vai levar " moitísimo tempo".

Así o trasladou ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) deste sábado. Na mesma, tamén instou ao Goberno galego a "prever medidas ou instrucións" para as verbenas, no caso de que se poidan celebrar.

"É unha situación tan excepcional que no caso de que se poidan celebrar verbenas populares non podemos ampararnos só na Lei de espectáculos" senón que os concellos deben contar con "instrucións claras das autoridades sanitarias".

Liña seguida, Varela trasladou a reivindicación dos empresarios de orquestras que piden ao Goberno autonómico "axudas económicas" para o sector, xa que "parece xusto que así como outros sectores" reciben subvencións, tamén se lles de axudas ás orquestras.

ACTIVIDADES INFANTÍS

En canto a outros asuntos, a Cecop vai permitir a partir de agora compatibilizar na fase teórica dos cursos de monitor e director de actividades de educación en tempo libre infantil e xuvenil e director de campos de voluntariado a actividade presencial e a distancia. Tamén se aprobou a ampliación nun ano (de dous a tres) do prazo para facer a fase práctica.

Sobre este tipo de activides, a Fegamp reclamou protocolos para campamentos e outras actividades recreativas infantís, plans de conciliación para pais e nais traballadores con menores ao seu cargo, así como solucións para persoas sen fogar. 

Comentarios