viernes. 26.02.2021 |
El tiempo
viernes. 26.02.2021
El tiempo

Feijóo comparecerá a semana que vén no pleno para informar sobre a terceira onda

Feijóo, en el pleno del Parlamento. LAVANDEIRA JR
Feijóo, en el pleno del Parlamento. LAVANDEIRA JR
Ademais de sobre os datos de contaxios e a situación dos hospitais, o presidente galego dará conta da campaña de vacinación contra a covid-19 e tamén sobre as axudas aos sectores máis afectados

O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparecerá a semana que vén no pleno do Parlamento para informar sobre a evolución da terceira onda da pandemia de coronavirus en Galicia. 

Farao a petición do BNG, solicitude que apoiou o PSdeG e que se traducirá en dita comparecencia, que se producirá en substitución da sesión de control, que habitualmente se celebra os mércores. 

Ademais de sobre os datos de contaxios e a situación dos hospitais, Feijóo dará conta da campaña de vacinación contra a covid-19 e tamén sobre as axudas do Goberno galego aos sectores máis afectados. 

O pasado 11 de novembro produciuse outra comparecencia do presidente galego en substitución da sesión de control, por entón para informar sobre como ía a segunda onda da pandemia. 

Feijóo comparecerá a semana que vén no pleno para informar sobre a...
Comentarios
ç