Feijóo interrompe a súa campaña para ir ao funeral das vítimas do Villa de Pitanxo

Os actos previstos para a xornada do 12 en Bilbao, Pamplona e Logroño pasarán a celebrarse o próximo día 25 de marzo 
Alberto Núñez Feijóo, nun acto en Zaragoza. JAVIER CEBOLLADA (Efe)
photo_camera Alberto Núñez Feijóo, nun acto en Zaragoza. JAVIER CEBOLLADA (Efe)

O presidente da Xunta e candidato á Presidencia do PP, Alberto Núñez Feijóo, cancelará a súa campaña prevista para este venres 18 de marzo porque prevé asistir ao funeral en memoria das vítimas do afundimento do pesqueiro galego 'Villa de Pitanxo' en augas canadenses. 

Segundo informou o seu equipo de campaña, os actos previstos para esa xornada en Bilbao, Pamplona e Logroño pasarán a celebrarse o próximo día 25 de marzo. 

O Templo Novo de Marín (Pontevedra) acollerá este venres ás 18,00 horas un funeral colectivo polos 21 falecidos da pesqueiro Villa de Pitanxo, afundido o 15 de febreiro a 450 quilómetros ao leste de Terranova (Canadá). Da tripulación, composta por 24 mariñeiros, só hai tres sobreviventes, e puidéronse recuperar nove corpos.

ACUDIRÁ PLANAS. A cerimonia, que será oficiada polo arcebispo Julián Barrio, celebrarase con motivo da declaración de falecemento dos desaparecidos no naufraxio.

Ademais de Feijóo, entre outras autoridades, as familias das vítimas do naufraxio prevén que ao acto acuda o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas

Comentarios