Os funcionarios que sexan pais terán maiores permisos

Ademais, as empresas que faciliten a conciliación terán axudas 

Alfonso Rueda. LAVANDEIRA JR.(EFE)
photo_camera Alfonso Rueda. LAVANDEIRA JR.(EFE)

O Goberno galego analizou este xoves o plan galego de conciliación e corresponsabilidade, o primeiro sobre esta materia que impulsa unha comunidade, e que incorpora medidas en varios ámbitos, xa que ampliará os permisos por nacemento de fillo aos empregados do sector público autonómico, pero tamén beneficiará ás empresas que faciliten conciliar.

Os encargados de detallar as medidas deste plan foron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o vicepresidente, Alfonso Rueda, quen reivindicaron, ao termo da primeira reunión do Executivo despois da Semana Santa, o compromiso do Goberno galego con promover "a conciliación e a corresponsabilidade".

Neste sentido, Rueda anunciou que a Xunta tamén dará axudas ás empresas para "compensar" a ausencia de traballadores con menores ou dependentes a cargo que se acollan á redución de xornada. Tamén se habilitarán subvencións ás empresas para a contratación dunha persona substituta durante o permiso de paternidade do traballador.

Do mesmo xeito, a Xunta aspira á "equiparación progresiva" na Función Pública dos permisos de maternidade e paternidade de forma intransferible, mediante o incremento do permiso de paternidade de cinco a sete semanas.

Ao tempo, activará un permiso adicional de catro semanas para os empregados públicos que sexan pais. O goce deste catro semanas adicionais poderá materializalo calquera d eles proxenitores e, neste tempo, o 75 por cento das retribucións.

Así mesmo, o Executivo autonómico introducirá cláusulas de preferencia na contratación pública para aquelas empresas que establezan medidas de conciliación. O plan está dotado duns 850 millóns de euros para tres exercicios: de 2018 a 2021. 

Comentarios