Galicia pasa do medio milleiro de vítimas mortais por coronavirus

Una mujer con mascarilla en el interior de un autobús. BRAIS LORENZO
photo_camera Unha muller no interior dun autobús. BRAIS LORENZO

Galicia superou este venres o medio milleiro de vítimas mortais por coronavirus e suma xa 502 falecidos a consecuencia desta enfermidade, informan fontes da Consellería de Sanidade.

Catro persoas máis diagnosticadas de coronavirus morreron na comunidade desde onte, cando se rexistraban 498 falecidos. Trátase dun home de 91 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, un home de 71 anos que estaba en Povisa e unha muller de 97 anos ingresada no Complexo ourensán, o tres con patoloxías previas.

Ademais, faleceu unha muller de 87 anos que estaba ingresada non Hospital Público de Verín sen patoloxías previas.

Comentarios