Galicia é pioneira no ámbito da conciliación

O Executivo autonómico mantén o compromiso de achegar as máximas facilidades a quenes decidan ter fillos na década de 2020
Fabiola García, visitará a escola infantil da Galiña Azul do municipio
photo_camera Fabiola García, visitará a escola infantil da Galiña Azul do municipio

Nos últimos anos, Galicia avanzou máis que nunca no ámbito da conciliación. O compromiso do Executivo autonómico de cara á década de 2020 é seguir a achegar ás máximas facilidades ás mulleres e homes que toman a decisión de ter un neno.

Nesta meta enmárcase a nova Lei de impulso demográfico, cuxo anteproxecto xa foi aprobado polo Consello da Xunta o pasado mes de xuño, e que fará da nosa comunidade a primeira en contar cunha norma deste tipo.

A lei recolle a diagnose e as liñas de actuación consensuadas no Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, órgano no que están representadas as administracións, os axentes sociais e económicos e os grupos parlamentarios.

O Goberno galego financia investimentos nas escolas infantís municipais e de iniciativa social por máis de 1 millón de euros

O texto legal contará con compromisos orzamentarios concretos, xa que estima un investimento anual de máis de 700 millóns de euros para executar as medidas que inclúe.

Entre estas medidas destacan: novas melloras na Tarxeta Benvida, en especial para as familias que viven no rural; un plan de apoio ás familias numerosas; dar prioridade nos concursos públicos ás empresas máis comprometidas coa conciliación; iniciativas para o fomento do retorno e a atracción de nova poboación; o apoio á mocidade e o envellecemento activo.

Comentarios