Galicia recibirá máis de medio millón de vacinas en abril

Feijóo informou deste "compromiso" do Goberno, pero pide "manter as cautelas"

Dosis de una de las vacunas contra el covid-19. GOBIERNO DE CANARIAS (EUROPA PRESS)
photo_camera Doses dunha das vacinas contra o covid-19. GOBIERNO DE CANARIAS (EUROPA PRESS)

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este xoves que Galicia recibirá, "se se cumpre o comprometido" polo Ministerio de Sanidade, máis de medio millón de vacinas das distintas casas farmacéuticas o próximo mes de abril.

En concreto, a comunidade, na que xa se empezan a ensaiar probas de vacinación masiva, recibiría 156.000 doses cada unha das dúas primeiras semanas de abril e as dúas últimas, unhas 136.000, o que suman máis de 584.000 vacinas.

En todo caso, Feijóo apelou á prudencia e chamou, con Galicia na desescalada e ás portas de San Xosé e Semana Santa, a "manter as cautelas".

Non en balde, argumentou que no conxunto do país "a baixada de contaxios retárdase e mesmo empeza a estancarse", polo que resulta imprescindible seguir coidando as medidas de seguridade, sobre todo tendo en cuenta que a ampla maioría dos novos casos derivan da cepa británica do virus, máis contaxiosa.

En Galicia, de feito, subliñou que, "salvo na área da Coruña", a incidencia "é tan baixa" que "só se pode empeorar". "O obxectivo é manter estes niveis", dixo Feijóo, quen tamén apelou a acudir aos  cribados, dado que os test son fundamentais para anticiparse e frear os contaxios.

Comentarios