A Garda Civil recupera un cárabo común que se atopaba ferido na AP-9

Tiña unha á rota e atopábase na vía á altura do quilómetro 30 en sentido Ferrol

O cárabo rescatado. EP
photo_camera O cárabo rescatado. EP

Unha patrulla da Agrupación de Tráfico da Garda Civil do Subsector da Coruña, pertencente ao destacamento de Ferrol, recuperou un cárabo común que se atopaba ferido na autoestrada AP9- F, á altura do quilómetro 30 sentido a Ferrol. 

Segundo informou a Garda Civil a través dun comunicado, o exemplar atopábase "ferido e con grave risco de ser atropelado na calzada", coa á rota, "previsiblemente polo impacto contra un vehículo mentres se atopaba cazando". 

Despois de rescatar ao animal, a patrulla entregouno na área de mantemento de Audasa, e ingresou no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Santa Cruz, en Oleiros (A Coruña).  Alí, o animal "recuperarase das feridas e dispensaránselle todos os coidados posibles para ser reintroducido no seu hábitat unha vez recuperado".

Comentarios