Gómez: ''En España non houbo estalido social polo volume da economía somerxida''

O xornalista e escritor José Luis Gómez, que vén de publicar Cómo salir de esta, charlou esta tarde cos nosos lectores. Consulte as súas respostas.

Arturo:
¿Que considera que foi a peor e a mellor decisión económica do trío Rajoy-Montoro-Guindos? E, vostede seguro que o sabe: ¿Quen manda máis, Guindos ou Montoro?

A peor decisión se cadra é non ter feito un gran pacto político, económico e social, para que haxa alomenos un pouco de xustiza no reparto dos custes da crise. O mellor penso que foi eludir o rescate total do Reino de España, mesmo cando esta decisión tamén ten os seus detractores, entre eles importantes empresarios e o xornal 'El País', que mesmo pediu o rescate nun editorial. En canto aos poderes de Luis de Guindos e Cristóbal Montoro, penso que ten máis De Guindos, na medida en que fai estratexia político-económica, mentres que Montoro é máis un contable.

Xurxo:
O título da súa obra semella pretencioso e Aznar xa dixo que el sabía como sacarnos desta. Con todo, ¿realmente pensa que se pode saír desta coa nosa clase política?

Respeto a súa crítica sobre o título do meu libro, no que tamén hay algo de brincadeira, na medida en que é unha frase feita, penso que popular. Sobre a súa pregunta creo que hai saída e que a clase política que vostede denosta é manifestamente mellorable. Creo comprender a súa intencionalidade.

Parodista:
Permítame dos preguntas sobre periodismo, ¿cuando acabe "ésta", como usted la llama, cree que seguirán funcionando las mismas cabeceras que ahora?
¿Usted hubiera dado la presunta foto de Chávez?

La crisis económica general se solapa con una particular de la prensa escrita, por lo que no habría que descartar una reducción de cabeceras con el paso del tiempo. Es algo que no sólo pasa en España, también en otros países, empezando por Estados Unidos. La publicación de la foto de Chávez fue un error, es una obviedad observarlo, como ya reconoció El País públicamente. Yo no sé si también me hubiera equivocado. Todos cometemos errores.

Violeta:
Bos días.
¿Que futuro lle ve a A.G.E. politicamente falando ? Cal cre vostede que é a ideoloxía concreta deste partido

Véxolle a A.G.E. futuro mentres se den dúas circunstancias: o liderado de Xosé Manuel Beiras e a crise do PSdeG-PSOE e o BNG. Se A.G.E. ten tempo por diante pode consolidarse, alomenos nestes tempos de crise. Máis que un partido, A.G.E. é unha coalición na que conflúen xentes de esquerdas, uns nacionalistas e outros españois. A clave chámase Beiras, que foi quen de aglutinalos a todos.

Intre:
¿Que pasa no mundo das tertulias televisivas; hai canles que me producen arrepíos !!!!! Cal é a súa visión a propósito disto

Nunha sociedade plural hai de todo. E non todo nos gusta a todos, claro. O problema se cadra non está en que haxa de todo, senón en si hai equilibrio.

Elvirita:
¿Cando rematará a crise? ¿Ou mellor dito: cando se volverá crear emprego?

Boa pregunta. Levamos cinco anos de crise e pode quedar outro tanto, se do que se trata é de crear emprego neto. Outra cousa é que voltemos antes ao crecemento e que haxa creación de emprego nalgúns sectores.

Descatalogado:
Ola José Luis; ¿qué poderemos responderlles ós nosos fillos cando dentro de unhos anos nos pidan contas de esta desfeita do sistema financeiro galego? Caixas, Pastor, Gallego...; ¿podes darnos nomes propios de culpables, de causas e de que teriamos que ter feito e non fixemos?

Pregunta complexa e pleno acordo co seu antecedente, en canto á desfeita da que fala vostede. Imos por partes: culpables, operadores e reguladores; causas, as expansións financeiras feitas a carón da burbulla inmobiliaria, e sobre o que teríamos que ter feito e non fixemos, un exemplo: Euskadi. Alí vencellaron as caixas ao territorio e a un modelo de economía productiva.

Angelito:
Si me permiten dos cuestiones, ¿qué factores acabaron con Xornal (aquí, un exlector fiel)? Y, dos: ¿Non é alarmante que desapareza a prensa en galego (e que non nos queda nada)?

Grazas por ter sido un lector fiel. Factores? Primeiro cabe a autocrítica, despóis tamén a crítica a todos aqueles que se esforzaron en facelo desaparecer. Un país que non quere a súa lingua ten un problema que debe facerse ver. E canto antes.

Alberto:
Se está discutiendo mucho sobre la dación en pago. A mí me parece adecuada para una serie de casos extremos, pero generalizada podría ser un caos, ¿no? Gente que paga la hipoteca como si fuese un alquiler y que, cuando quiera, entre la vivienda y a correr. ¿Que opinión tiene usted?

En su pregunta está la respuesta. Es indudable que no se puede generalizar, pero sí acotar un drama social grave. Los cambios que se están haciendo creo que responden a la realidad social del país.

Serxio:
Amais do seu libro, ¿podería recomendarme algún texto sobre economía adecuado para non expertos?

Sin duda, las últimas obras de los premios Novel de Economía Paul Krugman y Joseph Stiglitz. En mi libro se comentan ambas en sendos capítulos.

José:
¿Cree que el caso Bárcenas tumbará el gobierno del PP?

Depende de si se prueba o no que el presidente del Gobierno cobró dinero B que no declaró. O tiene razón 'El País' o tiene razón el PP.

Sonia:
Dice Montoro que bajará los impuestos dentro de no mucho, nos lo tomamos a broma, ¿no?

Será difícil, por no decir imposible, a corto plazo, dada la caída de la recaudación entre los años buenos y la actualidad. Otra cosa es que se haga una reforma fiscal consensuada y que de la misma se derive más justicia fiscal, que hay poca.


Alfredo:
Señor Gómez, ¿cuáles son, a su entender, los mejores políticos gallegos?

Más que mi punto de vista personal, creo que procede constatar lo que piensan los gallegos de sus políticos y, por lo que se ve, parece que el más valorado es Alberto Núñez Feijóo. Si le dijese mi criterio personal tendría muchos nombres y no quisiera olvidarme de ninguno: todos aquellos que ganan elecciones son buenos y algunos de los que las pierden también, porque corren con coches de menos cilindrada, en desigualdad de condiciones. Creo que en Galicia hay buenos políticos y no tan buenos partidos políticos. Somos un poco individualistas y nuestros políticos son como es la propia sociedad gallega, un reflejo.


Ana:
¿Rematará a lexislatura Feijóo en Galicia? El sempre di que si, pero o señor Lugilde, que escribe neste xornal está convencido de que marcha. E, nese caso, ¿sería Rueda un bo presidente?

Anxo Lugilde es un periodista generalmente bien informado y no quisiera contrariarle, pero yo no daría por hecho la marcha de Feijóo sin saber antes lo que pasará con Rajoy. En cuanto a Alfonso Rueda creo que está en una etapa de transición, cuyo desarrollo dependerá de lo que vaya decidiendo Feijóo y de lo que otros decidan que debe hacer Feijóo en Galicia o en España.

Fouzón:
Se me convence merco o libro, prométoo, pero ¿como podemos saír desta?

Vouno a intentar. Prométoo. Podemos saír desta se abaratamos os tipos de interés que pagamos por financiarnos e refinanciarnos e se somos quen de producir máis e mellor. O resto explícoo no libro ;). Aquí no chat non teño tanto espazo.

Ángel:
¿Como se entende que co panorama desolador que ten a clase traballadora (a min sóbrame mes a fin de soldo sempre), con 6 millóns de parados e podres de corrupción non haxa un estalido social?

Voulle ser sincero: penso que se comprende vendo o nivel da economía sumerxida, que en España é do 25% do PIB, o doble en termos relativos que en Alemaña. Tamén axuda a entendelo a desvertebración da sociedade civil e a precariedade na que están partidos e sindicatos en España neste momento. Pero non desbote vostede ningunha hipótese.

Comentarios