sábado. 04.07.2020 |
El tiempo
sábado. 04.07.2020
El tiempo

Gómez-Reino aposta por unha Xunta tripartita tras o 12-X con BNG e PSdeG

Antón Gómez-Reino. CABALAR (EFE)
Antón Gómez-Reino. CABALAR (EFE)
Considera que o candidato socialista, a nacionalista e el non son "rivais políticos" 
 

O candidato á presidencia da Xunta por Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, afirmou este domingo que sería "formidable" poder ofrecer unha proposta de goberno tripartita das "forzas progresistas" galegas, en alusión a un hipotético pacto con PSdeG e BNG. Na Cadena Ser, sostivo que Gonzalo Caballero, o líder socialista; a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón; e el "non son rivais políticos".

Gómez-Reino ve opcións dun acordo tras o 12 de xullo xa que unha coalición como esta achegaría "ansia transformadora", como ocorreu no Goberno central.

De cara á convocatoria electoral, chamou ao actual presidente galego e líder popular, Alberto Núñez Feijóo, a garantir as condicións democráticas en plena pandemia.

Gómez-Reino aposta por unha Xunta tripartita tras o 12-X con BNG e...
Comentarios