Investigan a identidade do corpo calcinado localizado nun vehículo que ardeu en Muiños

Non se desbota ningunha hipótese, pero segundo fontes de Emerxencias non se observaron signos de violencia

 

Así quedou o coche atopado en Muiños cun corpo calcinado no seu interior. TVG
photo_camera Así quedou o coche atopado en Muiños cun corpo calcinado no seu interior. TVG

A Garda Civil investiga a identidade dun corpo achado calcinado nun vehículo que ardeu nunha estrada comarcal de Muiños, na provincia de Ourense, a última hora da tarde do domingo, así como as circunstancias da morte deste home. Segundo informaron fontes da investigación, pasadas as 20.00 horas do domingo 20 de maio unha patrulla do instituto armado viu un coche ardendo nunha estrada comarcal de Muiños e achegouse ao lugar, onde colaborou na extinción co GES da zona. Ademais, o 112 Galicia recibiu unha alerta sobre as 20.30 horas dun coche que ardía en Albite, en Prado de Limia, nese municipio ourensano. Por iso, pasou aviso aos membros do GES e de Protección Civil da localidade, ademais da Garda Civil e servizos sanitarios. 

Ao chegar onde ardía o vehículo, os servizos de emerxencias confirmaron a existencia dunha persoa calcinada no interior do turismo, que ardeu na súa totalidade. No interior do vehículo foi atopada unha persona "totalmente calcinada", puntualizaron as mesmas fontes da investigación, da que se recolleron mostras de ADN para identificar á vítima. 

Até o momento identificouse o vehículo, cuxo propietario, un veciño de Muiños, non é a persona que estaba no interior calcinada, pero tampouco puido aclarar a identidade da mesma, sinalaron as mesmas fontes. Por iso, a Benemérita abriu unha investigación para esclarecer as causas nas que a persona faleceu calcinada e identificar á vítima. 

Segundo informa a TVG, todo apunta a que se trata dun home de 47 anos, veciño de Albite. Non se desbota ningunha hipótese, pero segundo fontes de Emerxencias non se observaron signos de violencia. 

Comentarios