Miércoles. 26.06.2019 |
El tiempo
Miércoles. 26.06.2019
El tiempo

Irene Montero chama na Coruña a "levantar a voz" nas eleccións fronte ás "cloacas do Estado"

Irene Montero, con Antón Gómez Reino e Yolanda Díaz na Coruña. CABALAR
Irene Montero, con Antón Gómez Reino e Yolanda Díaz na Coruña. CABALAR

"Estamos máis preto que nunca de gobernar", afirma a candidata de En Común-Unidas Podemos

A candidata ao Congreso de Unidas Podemos por Madrid e 'número dous' de Podemos, Irene Montero, chamou os simpatizantes e votantes desta confluencia a "levantar a voz" para mobilizar o voto nestas eleccións xerais fronte ás "cloacas do Estado" e un "feudalismo moderno", dixo sobre o actual sistema económico.  Nun acto na Coruña ante máis de medio milleiro de persoas, xunto a candidatas e candidatos de En Común-Unidas Podemos, reivindicou a esta candidatura como a única capaz de "facer o que este país necesita". 

"Estamos máis preto que nunca de gobernar, que llo pregunten a Rajoy, ás cloacas do Estado por que puxeron a maquinaria sucia a funcionar", expuxo nun acto no que, xunto aos demais candidatos, foi recibida con berros de 'Si se pode'. 

Na súa intervención, admitiu, no entanto, que chegan a estas eleccións nunha "situación difícil" por non "cumprir" con todas as "expectativas" depositadas neles. "Prometemos ir moi rápido e non eramos conscientes de que non imos poder facer as cousas como queremos, e que teremos que pactar con outros que non as queren igual", engadiu sobre as medidas que propón Unidas Podemos. 

Irene Montero chama na Coruña a "levantar a voz" nas eleccións...
Comentarios