Martes. 25.06.2019 |
El tiempo
Martes. 25.06.2019
El tiempo

Jácome prioriza ostentar a alcaldía de Ourense e logo pór a funcionar a Deputación

Pérez Jácome. AEP
Pérez Jácome. AEP

O líder de DO rexeita trazar liñas vermellas: "pactaría co demo" para levar o "ceo a Ourense" asegura

O portavoz de Democracia Ourensana, Gonzálo Pérez Jácome, erixiu este martes en "punto prioritario" nas negociacións con outras forzas que el poida ostentar a Alcaldía de Ourense e subliñou que a súa formación fala "con todas as partes" de cara á configuración de gobernos tanto no municipio como na provincia.

"Nós cremos que o fundamental é a alcaldía de Oruense para sacar adiante a cidade e, despois, haberá que pór a funcionar tamén a Deputación", manifestou este martes en declaracións aos medios.

Nunha xornada na que continúan os contactos entre as forzas con representación municipal, Jácome criticou que, fai catro anos, o Partido Socialista tratase a Democracia Ourensena coma se fosen "apestados" e atribuíu a esta actitude e ao PP "que a cidade estivese paralizada".

"Eu non quero que iso volva pasar e para nós está claro que debemos ser os protagonistas da alcaldía polo menos", subliñou para incidir en que, unha vez constituída a corporación local, "haberá que pór a funcionar tamén a Deputación".

SEN LIÑAS VERMELLAS

Na súa intervención ante os medios, Jácome rexeitou trazar liñas vermellas de cara a un posible pacto de goberno. "As liñas vermellas son o ben da cidade. Se se consegue o ben da cidade e non se fai nada ilegal, todo está justificado", asegurou.

Nesta liña, volveu a destacar que el "pactaría co demo" para levar o "ceo a Ourense". "Estamos abertos ao diálogo, xa o quixemos facer fai catro anos e, entón, o Partido Socialista pechouse en banda e o PP tamén, por iso gobernou en minoría", apuntou.

Por último, apostou por "unir" as negociacións para conformar goberno tanto no concello como na Deputación ao asegurar que os protagonistas son case os mesmos".

Jácome prioriza ostentar a alcaldía de Ourense e logo pór a...
Comentarios