Jueves. 20.09.2018 |
El tiempo
Jueves. 20.09.2018
El tiempo

José Blanco, sobre o caso Campeón: "Había un interese político para que eu non despuntara demasiado"

José Blanco, político socialista. EP
José Blanco, político socialista. EP

O eurodeputado socialista di que "o tempo pasou e puxo as cousas no seu sitio"

"Había un interese político detrás desa decisión (a súa imputación) para tratar de dificultar o meu compromiso con Galicia, que nese momento despuntaba demasiado". Así lembra o hoxe eurodeputado lucense José Blanco o caso Campeón, cinco anos despois de que o Tribunal Supremo arquivara a causa aberta contra el por suposto tráfico de influencias.

Nunha entrevista na Radio Galega, na que lembrou os importantes investimentos que realizara na comunidade galega durante a súa etapa como ministro de Fomento e número dous do PSOE, Blanco apostou por pasar páxina: "O tempo pasou e puxo as cousas no seu sitio. Estou contento co funcionamento da Xustiza".

Blanco tamén falou da súa etapa actual no Parlamento Europeo e dixo que estaba ilusionado, porque se poden "facer cousas" por Galicia e España, ao tempo que negou que botara de menos a política galega ou de ámbito nacional.

O político de Palas de Rei tamén falou do futuro do PSdeG, que considera que é "esperanzador". Os socialistas, dixo, teñen "o seu liderado resolto" e xa poden "pensar en Galicia", mentres que "o PPdeG non ten solucionado o seu problema de liderado despois de que Feijóo anunciase que non vai recuncar no cargo".

Tamén arremeteu contra os gobernos municipais das mareas para destacar que os socialistas teñen "toda unha oportunidade" nas eleccións do ano que vén.

Finalmente, Blanco acusou o Goberno español de facer unha mala distribución dos fondos da PAC. Nese sentido sinalou que o problema non está en Bruxelas, senón en España, onde di que hai quen recibe estas axudas europeas sen sequera dedicarse á explotación gandeira.

José Blanco, sobre o caso Campeón: "Había un interese político...
Comentarios