Domingo. 19.05.2019 |
El tiempo
Domingo. 19.05.2019
El tiempo

Libera culpa á Xunta de non actuar nos 400 casos de cans encadeados "de forma perpetua"

Can encadenado. EP
Can encadenado. EP

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber lembran que a Lei de Benestar Animal de Galicia considera esta práctica como unha infracción de carácter grave

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber (FFW) advertiron este domingo sobre a "inacción" que, ao seu xuízo, a Xunta de Galicia está a levar a cabo á hora de responder as denuncias cidadás que, en máis de 400 casos, puxeron no seu coñecemento casos de encadenamento continuado de cans "sen que estes se resolvesen, nin sequera a longo prazo". 

Os animalistas rexistraron na páxina web www.sencadeas.info ata 412 casos de cans que permanecen encadeados ou atados en condicións "lamentables", sen refuxio "adecuado", alimentación ou hidratación regular e "en non poucas ocasións cunha absoluta carencia de preocupación polo seu benestar, non dispondo de atención veterinaria durante anos". 

Neste sentido, a ONG lembran que a Lei de Benestar Animal de Galicia considera esta práctica como unha infracción de carácter grave, contemplada de forma explícita como prohibida e sancionable con até 5.000 euros, ao que se podería sumar a sanción accesoria de inhabilitación para a tenencia de animais por un prazo de entre un e cinco anos, "sen que os colectivos teñan constancia de expedientes similares". 

Así, Libera e FFW animaron á cidadanía a seguir denunciando estes contextos de "auténticos malos tratos animais", e sinalaron aos concellos que "teñen competencias en materia de benestar", polo que poden efectuar as inspeccións necesarias para elaborar un expediente que deberán remitir ao Executivo autonómico, "xa que a capacidade sancionadora recae na Administración galega".

DANO PSÍQUICO. "O encadenamento perpetuo non só xera un dano físico aos animais, tamén é responsable dun dano psíquico difícil de cuantificar, pero que se manifesta habitualmente cunha conduta agresiva por parte dos cans, contribuíndo a unha falta de socialización evidente que faría necesario un adestramento en positivo para equilibrar a cans que só coñeceron o metro e medio de espazo ao redor da súa cadea", lamentaron os animalistas. 

Ademais, ambas as asociacións consideraron que a falta de multas "está a xerar unha negativa sensación de impunidade", onde varias persoas denunciadas "chegáronse a jactar" de manter a conduta punible sen recibir "unha simple visita dos inspectores da Xunta". 

Libera culpa á Xunta de non actuar nos 400 casos de cans encadeados...
Comentarios