domingo. 20.10.2019 |
El tiempo
domingo. 20.10.2019
El tiempo

Un lume en Chandrexa calcina 50 hectáreas e outro no Xurés queima outras catro

Incendio de Chandrexa. @BrifLaza
Incendio de Chandrexa. @BrifLaza

Dous incendios afectaron nas últimas horas á provincia de Ourense. O máis voraz, en Chandrexa de Queixa, leva arrasadas unhas 50 hectáreas. Tras darse por controlado este venres, durante a madrugada o forte vento reactivouno, polo que durante o sábado foi necesario mobilizar de novo medios áereos e terrestres.

Ademáis, no municipio de Muíños declarouse outro lume, con varios focos simultáneos en Galicia e Portugal. Este incendio, situado na parroquia de Requías, afectou a catro hectáreas no Parque Natural do Xurés e quedou estabilizado arredor das 18.45 horas.

 

Un lume en Chandrexa calcina 50 hectáreas e outro no Xurés queima...
Comentarios