Más de un centenar de personas reviven en Cerdeda las horas en que Galicia fue una República

Máis dun cento de persoas reuníronse este domingo na antiga estación de Queixas-Londoño, no concello coruñés de Cerceda, para festexar o 79 aniversario da proclamación da I República Galega, una data --27 de xuño de 1931-- que pretenden introducir "no almanaque nacionalista" e coa que evocan aquel efímero soño republicano e galeguista.

Os actos incluiron a lectura dun discurso conmemorativo e dun debate-reflexión sobre a posibilidade dunha nova República galega, así como un xantar organizado polo Sindicato Labrego Galego, a proxección dos documentais Carrilanos, de Rafael Cid, e 'A República Galega', de Lois Pérez Leira, e actuacións musicais.

Aló polo 27 de xuño de 1931, xusto un día antes das eleccións ás Cortes Constituintes da República española, persoeiros como Campos Couceiro ou Alonso Ríos, entre outros, declararan que a solución para o problema galego non era a República española senón a galega. Abriuse así un breve momento no que en localidades como Santiago de Compostela e outras, proclamouse a Xunta Revolucionaria da República Galega. Con todo, a falta de seguimento doutras comarcas, frustrou o proxecto en poucas horas.

Comentarios