martes. 15.10.2019 |
El tiempo
martes. 15.10.2019
El tiempo

En Marea pide a comparecencia de Feijóo para explicar a designación de Porro

Foto de arquivo de Corina Porro. AEP
Foto de arquivo de Corina Porro. AEP

Lago únese á petición do portavoz parlamentario socialista, Xaquín Fernández Leiceaga

O portavoz parlamentario de En Marea, Manolo Lago, pediu este luns a comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ante a Deputación Permanente do Parlamento de Galicia para dar explicacións detalladas sobre o nomeamento de Corina Porro como delegada da Xunta en Vigo.

“Feijóo, como presidente do PPdeG, nomeou a Corina Porro como delegada do partido en Vigo e, como presidente da Xunta, nomeouna delegada do Goberno autonómico en Vigo”, denunciou en declaracións á prensa Lago, quen entende que isto supón “usar recursos públicos que son de todos en beneficio do seu partido político”.

O portavoz de En Marea tachou esta actuación de “intolerable e inaceptable en democracia”, xa que estaría “a mesturar intereses de partido cos intereses do Goberno, dúas cousas que Feijóo ten que entender que son diferentes a pesar de levar dez anos de maiorías absolutas”.

Lago acusa a Feijóo de empregar "recursos públicos" en "beneficio do seu partido"

“Entendemos que o presidente ten que dar explicacións ao conxunto da cidadanía, ademais da os seus militantes e votantes, así que, máis que esixirlle nada, poñemos á súa disposición a deputación permanente para que dea explicacións”, resolveu Lago, quen entende que “non pode pasar este escándalo sen que o Goberno dea explicacións”.

Deste xeito, En Marea súmase á petición do portavoz parlamentario socialista, Xaquín Fernández Leiceaga, quen avanzara este domingo que tamén reclamaría a comparecencia do presidente autonómico ante a Deputación Permanente para explicar o nomeamento de Corina Porro, quen tomou posesión do seu cargo este luns.

En Marea pide a comparecencia de Feijóo para explicar a designación...
Comentarios