Moreda garante o pacto co BNG na Deputación da Coruña

O PSOE e BNG repetirán pacto de goberno na Deputación da Coruña, segundo garantiu o socialista e presidente do organismo, Salvador Fernández Moreda.  "Chegaremos a un acordo, pero será máis ou menos o mesmo", aínda que admitíu que non iniciara as conversas e que non había un calendario para as negociaciacións.

Moreda, que tamén concorría na lista socialista do Concello da Coruña, non quixo comentar se tal pacto podería trasladarse ao goberno municipal. Aínda así, recoñeceu que o descenso en 3 concellais "non é o esperado".

Comentarios