Jueves. 16.08.2018 |
El tiempo
Jueves. 16.08.2018
El tiempo

Unha muller de 89 anos, hospitalizada tras sufrir varias picaduras de velutina en Toén

Niño de velutinas. CEDIDA
Niño de velutinas. CEDIDA

O niño atopábase no interior dun galpón da vivenda da víctima, en Mugares

Unha muller de 89 anos permanece en observación no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense despois de sufrir este sábado varias picaduras de avespa velutina procedentes dun niño que se situaba no interior dun galpón da súa vivenda en Mugares, en Toén. 

O suceso produciuse ao redor das 16.30 horas da tarde e a muller foi localizada tombada no chan pola súa filla, que se achegou nese momento á vivenda. Os familiares da anciá puxéronse en contacto cos servizos de emerxencia, segundo indicaron fontes de Protección Civil de Toén. 

Debido á situación na que se atopaba, tivo que ser trasladada ao Chuo, onde permanece en observación en urxencias sanitarias. 

Segundo indica Protección Civil descoñecíase que fora alérxica ás picaduras da avespa e non se esperaba que puidese sufrir unha reacción alérxica. 

Os membros de Protección Civil foron os encargados de retirar o niño das avespas asiáticas, que se instalou no galpón, e que tiña unhas dimensións de contorna a 20 centímetros de grosor e uns 20 de circunferencia. 

Unha muller de 89 anos, hospitalizada tras sufrir varias picaduras...