Netflix incorpora ao seu catálogo a serie 'Fariña'

A ficción narra a historia do narcotráfico en Galicia nos anos 80 e 90

Portadas e infografía del libro. LIBROS DEL K.O. - Fariña - Portada
photo_camera Portadas e infografía del libro. LIBROS DEL K.O. - Fariña - Portada

A plataforma audiovisual Netflix incorporou este sábado ao seu catálogo de contidos a serie Fariña, producida por Atresmedia en colaboración con Bambú Producións e que narra a historia do narcotráfico en Galicia nos anos 80 e 90. Tras cultivar grandes resultados de audiencia durante a súa emisión en Antena 3, a serie inspirada no libro homónimo do coruñés Nacho Carretero chega a Netflix unha vez arquivada a demanda presentada polo exalcalde do Grove, Alfredo Bea Gondar, e que motivou o secuestro da publicación durante varios meses. 

Fariña conta a historia do narcotráfico nas Rías Baixas desde os anos 80, cando os contrabandistas de tabaco comezan a organizar descargas de droga na costa galega. Rodada en Galicia e estreada en televisión a finais do pasado mes de febreiro, a trama pivota ao redor da traxectoria de Sito Miñanco (Javier Rey), Manuel Charlín (Antonio Durán 'Morris'), Laureano Oubiña (Carlos Blanco) ou Vicente Otero 'Terito' (Manuel Lourenzo). 

Comentarios