El BNG pide en sus enmiendas dotaciones para el lácteo, la seguridad ferroviaria, el sector naval, la pesca y las rías gallegas

As deputadas nacionalistas presentaron no Congreso multitude de emendas para aumentar as partidas para os sectores produtivos galegos, becas, agro, forestal, emprego, violencia de xénero ou fiscalidade

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, e a deputada do BNG, Rosana Pérez, presentaron este mércores as emendas parciais aos Presupuestos Generales del Estado 2016, coa finalidade de que estes estean ao servizo das necesidades da poboación, limitando o gasto en capítulos innecesarios e adicándoo a cuestións importantes para a xente.

Así, o BNG propón unha serie de emendas de carácter xeral destinadas a aumentar e mellorar as partidas no ámbito social, económico, educativo, fiscal, laboral e no terreo da seguridade ferroviaria. E moi especialmente propón importantes emendas para mellorar os sectores produtivos galegos, o eido industrial, medioambiental de Galiza.

Seguridade ferroviaria. No que atinxe á seguridade ferroviaria, e dado o dramático accidente acontecido en Angrois, o BNG propón 40 millóns de euros a destinar a la seguridade ferroviaria. Para a Real Academia Galega o BNG plantexa un aumento de 727.000, dado que os Orzamentos só contemplan unha dotación de 273.070.

Sector naval, industria e medio ambiente das Rías galegas. O BNG demanda 60 millóns para os Programas de Educación Infantil, 100 millóns para Bolsas, 50 millóns para axudas para libros de texto, 20 millóns para Bolsas para estudantes universitarios. No eido industrial, as deputadas do BNG demandan un Plan de Modernización do sector naval dotado de 150 millóns e para fomento da industria auxiliar 30 millóns. 50 millóns para un Plan de Desenvolvemento Tecnolóxico-Industrial para Galiza. Para a reactivación económica das comarcas mineiras do carbón de Galiza, o BNG plantexa 20 millóns de euros. E un Plan de I+D+I dotado de 450 millóns. Outra das propostas do BNG é un Plan de incentivos ás enerxía renovábeis dotado de 100 millóns.

No capítulo medioambiental, as parlamentares do BNG piden un Plan para o Saneamento integral das Rías galegas dotado de 22 millóns.

Pesca, sector lácteo, agro e forestal. Para o agro, ademáis de incentivos fiscais, o BNG demanda un Plan de Fomento da agricultura ecolóxica con 10 millóns. E un Fondo Lácteo dotado de 50 millóns. Para facer fronte á grave crise do sector lácteo pola baixada dos prezos do leite, as deputadas nacionalistas piden medidas estraordinarias cunha partida de 50 millóns. Para un Programa de Desenvolvemento Rural na Galiza pídese 30 millóns. Para a pesca o BNG solicita un Plan de Ación para as comarcas dependentes da pesca por 10 millóns, compensacións a profesionais do sector pesqueiro por paros obrigatorios por 8 millóns.

O BNG tamén solicita 20 millóns para valorizar os bosques autóctonos de Galiza. 20 millóns para un Plan de Recuperación de zonas afectadas por incendios.

30% menos para a Casa Real, revalorización das pensións e aumento do 3% dos salarios de empregados públicos. Davila e Rosana Pérez plantexan recurtar nun 40% a asignación tributaria á Igrexa Católica no IRPF, diminuir nun 30% a aportación á Casa Real así como o orzamento de Defensa. Propoñen a creación dun Fondo Especial de Financiamento a favor dos municipios de poboación de menos de 20.000 habitantes. Demanda o BNG unha subo do 3% dos salarios dos empregados públicos a fin de que se produza unha recuperación real do poder adquisitivo dos empregados públicos e que a taxa de reposición de emprego público sexa do 100% a fin de dinamizar a creación de emprego, demandando un aumento maior do número de xuices e personal no ámbito da xustiza. En materia de pensións, o BNG pide que se actualicen dacordo á evolución do IPC posto que a previsión de incremento do 0,25% “é na práctica unha conxelación salarial”.

Dependencia, servizos sociais e violencia de xénero. O BNG plantexa así mesmo 40 millóns para un Plan Concertado coa Xunta para Programas Sociais. Para Programas de Asistencia Social para Mulleres vítimas de violencia de xénero, as deputadas do BNG piden 6 millóns de euros. 150 millóns para Atención a Persoas en situación de Dependencia en coordinación coas CC.AA.

Emprego, fiscalidade e Comercio. O grupo nacionalista pide un Plan de Emprego dotado de 120 millóns de euros, e partidas para a reinserción laboral e para parados de longa duración. En materia fiscal, presenta unha seria de emendas coa finalidade de acadar unha fiscalidade máis progresiva e xusta, gravando máis ás rendas de capital e aos que máis gañan. Piden cambios nas Leis Fiscais para arranxar o problema da fiscalidade das pensións percibidas do estranxeiro. Demandan a rebaixa do IVE en bens e servizos empregados na produción agrícola, gandeira e forestal dado o encarecemento dos custes de producción. De igual xeito presentan unha serie de propostas para asentar unha fiscalidade progresiva e máis xusta. Así demandan que os chamados “impatriados” tributen máis do tipo do 24%. De igual xeito, o BNG pide rematar cos abusos das SICAV. O BNG solicita asemade máis medios para loitar contra a fraude fiscal.

Demanda, ademáis, un Plan de Mellora da Competitividade no Comercio por 15 millóns.

Comentarios