O BNG xera expectación sobre o seu novo logo cunha serie de vídeos

A primeria entrega da campaña mostra a conversa entre dous mariñeiros sobre a historia da formación

O BNG lanza unha campaña para anunciar a renovación do seu logotipo, logo de 35 anos.

A formación nacionalista lanza o primeiro dunha serie de vídeos nos que explicará a filosofía e motivacións deste cambio de imaxe aprobado pola militancia na súa última asemblea nacional.

Este primeiro vídeo mostra unha escea cotidiá na que dous mariñeiros manteñen unha conversa desenfadada sobre os 35 anos de historia do Bloque e do seu logo, así como da necesidade de renovarse.

A formación anuncia que o novo logotipo será recoñecible como BNG, porque "non se busca unha ruptura nin converterse en algo diferente senón transmitir a imaxe dun Bloque moderno, cunha estética máis actual, aberto e próximo", transmite nun comunicado.

Comentarios