''Lo importante es que no voten los muertos, que una persona no vote por dieciséis''

''O que importa é que se poida votar con garantías democráticas, que non voten os mortos, que unha persoa non vote por dezaseis''. Así de contundente se amosou o vicepresidente da Xunta de Galicia e candidato á presidencia polo BNG, Anxo Quintana, ao referirse ao voto emigrante.

Ademais, o nacionalista denunciou o método de votación en sacas, en vez de urnas, o cal afirma que foi ideado polo PPdeG cando gobernaba porque lles favorecía, por iso ''agora que están na oposición protestan'', sinala Quintana.

O líder do BNG fixo un repaso aos case catro anos de goberno xunto co PSdeG nunha entrevista en TeleLugo e avanzou as pricipais liñas de actuación que seguirá a súa formación de gañar as eleccións.

Crise económica
No refente á situación de recesión, Quintana apuntou como posible solución para saír da crise a creación dun Instituto Oficial de Crédito (ICO). Argumentou que isto permitiría ás empresas e ás familias acceder ao crédito desde o sector público, ''porque a banca tradicional non está cumprindo con esa misión'', malia que está a recibir un importante fluxo de fondos públicos.

Por outra banda, indicou que o BNG defende a creación dun complemento autonómico para os que leven máis de 6 meses no paro, pois ''temos máis de 200.000 parados, que por termo medio cobran menos que un parado no resto do estado'', afirma Quintana, algo que considera que ''non é xusto''.

 
Benestar social
Preguntado pola actividade da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar, concretamente sobre a política de benestar social, Quintana sinala que ''temos máis de 570.000 persoas maiores de 65 anos, temos máis de 100.000 dependentes, e cando nós chegamos ao goberno non había nin un só centro de día público para atender aos nosos maiores''.

''Nestes tres anos e medio fixemos 57 centros de día'' ademais doutros servizos, como o programa de xantar no domicilio ou o servizo transporte adaptado, que conforma unha rede pública no sistema galego de benestar, dentro do cal ''estaba todo sin facer''.

Sobre a Lei de Dependencia recoñeceu que o proceso administrativo tarda moito, algo que atribuíu a que ''dende Madrid se levantaron moitas espectativas e houbo xente que pensou que ía ter a paga o día seguinte''.

Nesta materia, o líder do BNG conluíu que ''nunca se fixo tanta política para os maiores como se fixeron nestes tres anos medio'', pois antes falábase dos maiores só en tempo electoral e neste caso ''falouse deles sempre'', indicou.

Solo industrial e AVE

En canto ao desenrolo de chan industrial, o nacionalista considera que ''para que haxa emprego ten que haber empresas, por iso é tan importante dotarnos dunha estrutura de solo industrial'', dixo Quintana, ''por iso o BNG xestionou nestes tres anos e medio máis solo industrial que o que fixo o PPdeG nos 16 anos anteriores''.

Sobre a chegada do AVE a Galicia, promesa do Goberno de Zapatero para 2012, Quintana asegura que ''é o momento de pasar dos compromisos verbais aos compromisos sobre a mesa'', que se traslade ao papel, pois só así crerá na palabra do presidente.

Comentarios