Twitter ya tiene su versión en gallego

Despois da apertura en setembro dun centro de traducións á nosa lingua, instituído polo traballo de varios voluntarios, Twitter xa está disponible en galego.

Hoxe se estrea esta nova versión da rede social do paxaro, que aínda se atopa na súa versión beta, unha etapa para solucionar posibles erros e debater termos mediante o dito centro de tradución.

Esta versión da popular rede social en galego chega despois de que o catalán e o basco fixeran o propio, e tras unha campaña de mobilización por parte dos usuarios.

Ademais, este mesmo día a rede de microblog anunciou que reducira de 140 a 118 caracteres as publicacións que inclúan unha foto ou un enlace web.

Comentarios