''Si el PP cree que va a gobernar más de 4 años, comete un error''

pachi_entrevista_faldon.jpg
photo_camera pachi_entrevista_faldon.jpg

É político, gústanlle os retos e agora afronta o de liderar un partido, o PSdeG, que aspira a recuperar o goberno da Xunta en catro anos, os mesmos que lle augura ao PPdeG no poder.

Manuel Vázquez (Carballiño, 1955) non ve desafíos imposibles e emprenderá, nestes días, unha oposición frontal contra o goberno do PPdeG.

Cando vén de cumprir só unha semana de liderazgo no seu partido, defínese como un home que fai política 'corpo a corpo' e que se marca non só o reto de gobernar en breve, senón de facelo en solitario.

Pregunta: Xa traballan oito horas no Pino?

Resposta: Os do Pino estamos traballando máis de oito horas, estamos a tope, cunha equipa con representación territorial. Quero presumir diso, porque parece que agora, con este goberno da ilustración, iso non computa. E un país coma Galicia, tan heteroxéneo e distinto, ás capacidades persoais hai que sumar a territorialidade.

P: É o candidato para as vindeiras autonómicas? É de transición? Virá José Blanco?

R:
Eu teño a ilusión, ganas e esperanza de poder ser un bo candidato á Xunta de Galicia e vou traballar a tope, aínda que tampouco fago disto unha cuestión de honra. Pero o candidato será o que decidan os socialistas galegos, sen ningunha interferencia nin miña, nin de Pepe, nin de ninguén.

P: E ao facer a executiva do PSdeG, tivo presións?

R: En absoluto, a xente percibiu que non ía facer unha executiva para min, senón para o partido e para Galicia.

P: Hai quen ve unha dirección rural. Puxo a boina o socialismo?

R: É un dos bulos que saen. No núcleo duro durísimo da executiva están hiperrepresentadas as grandes estruturas urbanas do país. O concepto vén de que Pablo García se vencella a Unións Agrarias, pero non o fichamos por iso, senón por ser unha gran cabeza en organización e administración.

P:
Se no seu proxecto caben todos, cal é o rol de Gonzalo Caballero?

R: Hai moitos homes e mulleres, probablemente Gonzalo un deles, que ten moito que aportar ao partido. O que creo que lle falta é trasladar unha visión máis ampla de Galicia e saír da melea embarullada local que non aporta nada positivo a Gonzalo.

Desmacarse do BNG
P
: Falou de gobernar en solitario, confía en poder prescindir do BNG?

R:
O PSdeG vai traballar catro anos para presentar un proxecto para gobernar sós e para defender o modelo de país que queremos. Nós queremos gobernar sós, con todos os respectos a todos os partidos.

P:
Este desmarque dos nacionalistas, afectará aos pactos municipais?

R: Non imos faiar a ninguén. Temos que afondar no que nos une, as coalicións non son malas, teñen que funcionar e hai que tomar nota do que dixeron os cidadáns: non queren dous presidentes, nin dous alcaldes, nin dous gobernos. Queren un presidente, un alcalde e un goberno, aínda que esté constituido por dous partidos. Con todo iso, e esas lealdades, creo que é lexítimo dicir que nós imos traballar para gobernar este país en solitario.

P: Sitúese dentro de catro anos, nun hipotético escenario no que o PP perde a maioría absoluta, vostede lidera o PSdeG e pode formar coalición co BNG. Que faría?

R:
Que o PP perda a maioría absoluta non quere dicir que goberne o Partido Socialista. É unha condición necesaria, pero non suficiente. Nós estamos dispostos a gobernar como eu digo, e senón, non gobernamos e non pasa nada.

P:
Renunciaría ao goberno?

R: Non gobernaríamos, evidentemente.

Os catro anos de Feijóo
P:
Canto tempo lle augura ao PP á fronte da Xunta?

R:
Catro anos.

P: Convencido?

R:
Convencido, catro anos.

P: Hai quen fala de 20 anos.

R: Iso mesmo nos dicían a nós. Os cidadáns dan un vale de confianza de catro anos, e o que diga outra cousa está inventando unha película. Dá un voto por catro anos, e logo ou dacho ou quítacho. Se o PP vive na ilusión de que vai gobernar máis, creo que comete un erro, pero me encantaría que cometera ese erro.

P: E que será de Touriño, continuará no Parlamento?

R: A presenza de Touriño no Parlamento é unha decisión propia de iniciar o carril de desaceleración política. Estou seguro que máis pronto que tarde Emilio vai culminar esa desaceleración cunha decisión personal.

O que deixou o bipartito
P:
Que atopará o PP en Medio Ambiente? Faránlle dano?

R: Contaron tantas mentiras de Sogama que as acabaron crendo. Moito ruido e ningunha noz. Nós fixemos unha magnífica xestión.

P: Que dirá o Consello de Contas do primeiro ano do bipartito?

R: Estou seguro de que sairá ben.

P: Quedou algo atado no caso Ence?

R:
Non conseguimos acurtar prazos. Este presidente di que o conseguirá, e ogallá. Apoiarémolo cando non sexa para a beira de enfronte, porque xa o estou vendo vir.

A estratexia de oposición
P:
Que mirará o PSdeG con lupa do goberno do PP?

R: Faremos un seguemento exhaustivo de todo, porque Feijóo atopouse co poder e o seu goberno é de secundarios. Non tiña goberno, nin esquema, nin nada. Fáltalle credibilidade. Xa está vivindo no Palacio de Monte Pío e para manter a súa palabra e difamación vai obrigar aos galegos a, tendo tres coches blindados no garaxe, comprar outro. Decídeo o señorito.

Quere outro coche, non lle gusta ese, e vai cambiar todos os audis que tiñan comprado eles. Non lle gusta andar neles, porque iso non mola agora, e vai comprar outros dez de gama alta co diñeiro dos galegos. É unha austeridade moi rara esa. Por certo, leva dez días no despacho do sultán, de Touriño, e sen inmutarse. E iso que era un despacho que era un agravio para toda Galicia.

P: Estatuto, financiación... haberá acordos?

R:
As paradoxas da vida fan que Galicia non teña Estatuto por culpa do actual presidente, e a negociación da financiación autonómica estaría moi condicionada por iso. Estamos dispostos a falar, pero non para que Feijóo use os grandes temas para pelearse a favor de Rajoy. E xa está máis pendiente diso que de axudar aos galegos.

Comentarios