domingo. 18.04.2021 |
El tiempo
domingo. 18.04.2021
El tiempo

Ourense rexistra catro incendios forestais, o máis voraz procedente de Portugal

Efectivos de extinción combaten el fuego en A Mezquita. BRIF LAZA INSTAGRAM
Efectivos de extinción loitan contra o lume en A Mezquita. BRIF LAZA INSTAGRAM
As lapas queimaron unhas 60 hectáreas na Mezquita, 62 en Vilariño de Conso e 40 en Chandrexa de Queixa

Os medios antiincedios da Xunta traballaron este sábado nas labores de extinción de catro incendios forestais que afectan á provincia de Ourense nesta primeira fin de semana de setembro marcada polo tempo seco e o vento. O que máis superficie leva arrasada é un lume activo no concello da Mezquita que entrou desde Portugal no mediodía.

Leva 60 hectáreas queimadas, segundo as primeiras estimacións da Consellería do Medio Rural.

Os outros tres incendios están estabilizados. Dous deles afectan a montes do municipio de Vilariño de Conso. Comezaron na noite do venres, con tres focos diferentes cada un, o que é un indicio da súa intencionalidade. Nun deles arderon xa case 45 hectáreas e no outro, preto de 17.

Mentras, en Chandrexa de Queixa continuaron os traballos para sofocar un lume que arrasou 40 hectáreas.

Ourense rexistra catro incendios forestais, o máis voraz procedente...
Comentarios
ç