Outros cinco falecementos, dous en residencias, elevan as vítimas do covid en Galicia a 1.441

O Sergas precisa que todos tiñan patoloxías previas
Cribado masivo entre los vecinos de Xove. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Cribado masivo entre los vecinos de Xove. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Outras cinco persoas diagnosticadas con covid-19 faleceron en Galicia, dúas delas usuarias de residencias, segundo informaron as autoridades sanitarias da comunidade a última hora deste venres. En concreto, unha muller de 84 anos faleceu na residencia San Bartolomeu de Xove e outra anciá de 89 na residencia Santa Teresa de Jornet da Coruña. 

Así mesmo, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) morreu un home de 95 anos diagnosticado con covid-19.  Á súa vez, un home de 80 anos perdeu a vida no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e unha muller de 93 anos faleceu en Povisa en planta. 

A Consellería de Sanidade confirmou que todos tiñan patoloxías previas. 

Comentarios