jueves. 24.06.2021 |
El tiempo
jueves. 24.06.2021
El tiempo

O padrón de galegos no estranxeiro aumenta en máis de 3.000 nun ano

Avión saliendo del aeropuerto de Peinador. ARCHIVO
Avión saliendo del aeropuerto de Peinador. ARCHIVO

Alcanza as 519.646 persoas en 2019 ► Os residentes no estranxeiro con nacionalidade española son xa 2.545.729

O padrón de galegos no estranxeiro aumentou nun total de 3.157 nun ano, co que a xaneiro de 2019 alcanzou as 519.646 persoas, fronte ás 516.489 que estaban rexistradas nesa mesma data do ano anterior, un aumento do 0,6%.

Segundo os datos recompilados por Europa Press da última estatística do padrón de españois residentes no estranxeiro (Pere) do Instituto Nacional de Estatística (Ine), A Coruña suma o maior número de galegos que vive fóra, cun total de 180.662; seguida de Pontevedra, con 151.817; Ourense, con 113.746; e Lugo, con 73.421 galegos.

De todos eles, 151.763 son galegos que naceron en España, dos cales 57.131 pertencen á provincia da Coruña; 44.089, á de Pontevedra; 33.021, á de Ourense; e 17.522, á de Lugo.

O número de persoas con nacionalidade española que reside no estranxeiro alcanzou os 2.545.729, o que supón un incremento do 2,5% con respecto a datos de 1 de xaneiro de 2018. O total de nados en España que vive no estranxeiro alcanza no Estado os 820.317 habitantes. 

O padrón de galegos no estranxeiro aumenta en máis de 3.000 nun ano
Comentarios
ç