Un parapente fire na cabeza a unha muller nunha praia de Portosín

A vítima paseaba polo areal cando o piloto a levou por diante no momento de aterrar 
Praia de Coira en Portosín. GOOGLE
photo_camera Praia de Coira en Portosín. GOOGLE

O pasado domingo mentres unha bañista paseaba pola praia de Coira, en Portosín, caeulle do ceo unha desagradable sorpresa: un parapente chocou contra a súa cabeza e provocoulle unha contusión. Ata o lugar desprazouse unha ambulancia que trasladou á vítima ata o Hospital de Santiago, onde foi atendida por unha brecha na cabeza. 

O piloto implicado no suceso posuía seguro de responsabilidade civil e respondeu polo sucedido, mentres que a Federación Galega de Deportes Aéreos asegurou que existe unha normativa de seguridade estrita sobre estas actividades. Con todo, e aínda que o ocorrido quedou nun pequeno susto, a vítima solicita que se amplíen as distancias entre os bañistas e os deportistas posto que Coira é un lugar onde é habitual practicar este tipo de deporte. 

Comentarios