Pesar pola morte de Darío Xohán Cabana

Políticos, artistas e institucións amosaron a súa pena polo falecemento do escritor
Darío Xohán Cabana. EP
photo_camera Darío Xohán Cabana. EP

Varios persoeiros de distintos ámbitos ofreceron xa o seu pesar polo pasamento de Darío Xohán Cabana, que faleceu a pasada noite aos 69 anos de idade. 

Dende políticos a escritores, pasando por estamentos oficiais, editoriais ou organismos públicos, expresaron a través das redes a súa pena polo tráxico suceso. 

Unha das primeiras institucións en expresarse foi a Real Academia Galega, da que Cabana era membro, e que foi quen comunicou publicamente a nova do falecemento do escritor de Cospeito. 

 A editorial Xerais tamén publicou as súas condolencias. Xerais estaba, ademais, a preparar un ensaio do finado, que verá a luz a título póstumo.

Francisco Castro, escritor e director xeral da editorial Galaxia, tamén tivo palabras para o escritor. 

A pena polo pasamento do artista chairego tamén chegou ao mundo da política. Néstor Rego, Ana Pontón ou Martiño Noriega amosaron o seu respeto por Darío. 

 

 

 

Comentarios