Pilar Rojo apela a la ''eficiencia parlamentaria'' contra la ''desafección'' por la política

A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, participou a xornada deste venres no plenario anual da Conferencia Presidentes de Parlamentos Autonómicos (COPREPA), que tivo lugar na sede do Parlamento balear.

Tras o encontro, Pilar Rojo valorou a importancia deste tipo de foros que, ao seu xuízo, permiten que os presidentes dos lexislativos autonómicos poñan en común os problemas aos que se enfrontan cada día e intercambien experiencias sobre as diferentes situacións que se rexistran en cada unha das Comunidades.

Neste sentido, a presidenta da Cámara galega recoñece que, nun momento de “moita desafección” respecto á política e ás cámaras lexislativas como o que vivimos, faise necesario “un esforzo” adicional en materia de “eficiencia parlamentaria” para volver a acadar certo grao de confianza na sociedade.

Pío García Escudero, presidente do Senado, aproveitou o seu discurso de inauguración da sesión para felicitar publicamente a Pilar Rojo pola súa elección como presidenta da Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas (CALRE), responsabilidade que asimiu formalmente o pasado 13 de xaneiro.

Comentarios