Pilar Rojo reivindica el papel del interventor en la Cámara

A presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo, presidiu esta mañá a inauguración das VII Xornadas da Asociación Española de Interventores de  Parlamentos, nas que durante hoxe e mañá participan representantes das cámaras lexislativas autonómicas e das Cortes Xerais.

As xornadas, coordinadas polo director da Intervención Xeral e  Asuntos Económicos do Parlamento de Galicia, José María Ameijenda, desenvólvense no Pazo do Hórreo durante este xoves e venres.

Ao comezo da primeira sesión, a líder da Cámara galega agradeceu poder acoller estas xornadas ante necesidade de potenciar e facer visibles as funcións destes órganos, figuras básicas en calquera institución, e que “constitúen un alicerce esencial na  xestión das Cámaras lexislativas”.

A presidenta tamén salientou a importancia das xornadas inauguradas hoxe por permitir o intercambio de experiencias entre os asistentes e axudar  a “a visualizar ante os cidadáns que os recursos públicos xestiónanse con rigor”, mediante un “procedemento perfectamente regrado, blindado  fronte a arbitrariedades e sometido a un dobre control, interno e externo,  profesionalizado e independente”.

Así mesmo, Pilar Rojo reinvindicou “a profesionalidade e bo facer dos funcionarios que integran a Dirección de Intervención e Asuntos Económicos. ''O interventor debe exercer a súa función con plena autonomía e independencia funcional'', aseverou.

Referíndose ao ámbito parlamentario, Rojo Noguera indicou que, ao  seu parecer, para que o control interno poida cumprir a súa misión debe estar regulado, “xa que o procedemento financeiro de execución do gasto público non pode nin debe improvisarse por actos singulares da Mesa do Parlamento”. A maiores, o Parlamento de Galicia conta cun Regulamento Presupostario e Contable. “No Parlamento de Galicia –agregou Pilar Rojo- non hai espazo para a arbitrariedade nin para a improvisación'' nese plano, sostivo.