A pioneira da xenética médica en España, Jimena Fernández de La Vega, científica do ano

Foi a primeira licenciada en medicina pola Universidade de Santiago de Compostela xunto á súa irmá Elisa
Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega en Santiago. SANTI ALVITE
photo_camera Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega en Santiago. SANTI ALVITE

Jimena Fernandez de la VegaA pioneira da xenética médica en España, Jimena Fernández de la Vega (Vegadeo, 1895), foi nomeada científica do ano 2021 pola Real Academia Galega de Ciencias. Seu pai foi o castroverdense Wenceslao Fernández de la Vega Pasarín, o primeiro director do balneario de Guitiriz.

A academia valorou o seu carácter loitador "en tempos nos que non era sinxelo ser admitida e recoñecida", segundo destaca, ademais da súa contribución aos campos da xenética e da hidroloxía sanitarias. 

Coincidindo coa celebración, este xoves 11, do día internacional da muller e a nena na ciencia, a academia fai público este nomeamento de quen foi a primeira licenciada en medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) xunto coa súa irmá Elisa. 

Na súa carreira investigadora "tivo o gran acerto de incorporar a xenética ao eido da saúde, sendo unha verdadeira pioneira da xenética médica en España". Despois, os seus traballos no campo da hidroloxía aplicada á saúde foron tamén "de enorme valía". 

O acto académico central de homenaxe terá lugar o 8 de outubro con motivo do día da ciencia en Galicia e programaranse durante todo o ano diversas actividades para dar a coñecer a súa figura e as súas contribucións. 

Comentarios