sábado. 07.12.2019 |
El tiempo
sábado. 07.12.2019
El tiempo

O policía local investigado por suborno en Santiago debe comparecer no xulgado cada 15 días

Comisaría de la Policía Local de Santiago. GOOGLE MAPS
Comisaría de la Policía Local de Santiago. GOOGLE MAPS

Está acusado tamén de falsidade documental e por un delito contra a ordenación do territorio e urbanismo

O Xulgado de instrución número 3 de Santiago decretou liberdade coa obrigación de comparecer cada quince días en sede xudicial para o policía local da capital galega investigado por suborno, falsidade documental e por delito contra a ordenación do territorio e urbanismo.

O axente, que foi detido este xoves, pasou este venres a disposición do Xulgado número 3 de Santiago, que decretou as mencionadas medidas cautelares, tal e como informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

O axente foi detido por supostamente pedir mordidas a cambio de informar favorablemente os técnicos municipais en trámites de concesión de licenzas urbanísticas. Foi o propio alcalde, Martiño Noriega, quen ordenou abrir dilixencias internas no Consistorio despois de recibir información dunha funcionaria municipal sobre a existencia dunha "gravación" dun veciño ao que, supostamente, se lle pediran mil euros para informar favorablemente dunha licenza urbanística.

ACTUOU DE FORMA SERIA E REGULADA. Este mesmo venres, preguntado respecto diso, Noriega destacou que o Concello actuou "de forma seria e regulada" no caso do policía local. Desde que tivo coñecemento, pediu ao xefe deste corpo de seguridade para que apartase ao traballador da área urbanística, onde desenvolvía o seu traballo desde hai 16 anos.

"O que fixemos foi actuar con tolerancia cero contra este tipo de feitos e, agora, o que estamos é a disposición da xustiza para calquera colaboración", sinalou para informar de que as autoridades rexistraron tamén o lugar no que este traballador desempeñou as súas funcións en materia de urbanismo.

Segundo considerou Martiño Noriega, "neste tipo de cuestións non pode haber unha mínima complicidade nin amparo" e débese "actuar contundentemente". "Creo que se actuou de forma seria, regulada, incluso o expediente reservado foi impecable", incidiu.

Por último, aproveitou para enmarcar a actuación deste axente nunha acción "individual" e defendeu a prestación dos servizos públicos e a "profesionalidade" da Policía Local.

O policía local investigado por suborno en Santiago debe comparecer...
Comentarios