Pontón di aos mozos que o galego é útil ata "para o reguetón"

A portavoz nacionalista puxo en valor o movemento neofalante, que supón unha "pinga de esperanza"
Pontón e Freixanes, este mércores. EFE
photo_camera Pontón e Freixanes, este mércores. EFE

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, animou este mércores aos mozos a usar o galego, xa que "é útil para todo", incluso "para o reguetón".

Indicouno en declaracións á prensa, tras reunirse co presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, na Coruña, onde confiou en que o idioma "avance" entre a xente nova.

"O galego é útil para todo: para poder relacionarse, para xogar, para falar, para ligar, para trapear, para o reguetón", enumerou a líder nacionalista.

Neste sentido, dirixiuse á mocidade para indicarlles que "está na súa man dar o paso".

Por iso, puxo en valor o movemento neofalante, que aposta polo galego e que supón unha "pinga de esperanza", no medio das políticas da Xunta, subliñou. 

Comentarios