viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

Pontón ve en Mujica un "referente" para a esquerda

Ana Pontón, con José Mujica. TWITTER
Ana Pontón, con José Mujica. TWITTER

A líder do BNG está de viaxe en Uruguai e despois visitará Arxentina

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, arrincou a súa axenda na primeira viaxe como líder da formación nacionalista a Uruguai e Arxentina cun encontro co expresidente José Mujica, co que tamén compartiu unha conferencia organizada polo Movemento de Participación Popular baixo o título 'Esquerda, soberanía e globalización: Unidade para as transformacións'. 

Acompañada tamén pola eurodeputada Ana Miranda, Pontón destacou o "exemplo" de Mujica, a quen definiu como "incuestionable referente ético e político", na loita pola "liberdade dos pobos e por unha sociedade en igualdade a favor das maiorías". 

A líder do Bloque alertou do "auxe crecente da ultradereita en Europa que se suma á rampante neoliberalismo mesmo no espazo da Unión Europea". "Para plantarlle cara e máis necesario que nunca a solidariedade entre os pobos", subliñou. 

Ademais, a portavoz nacionalista declarouse "emocionada" pola conexión entre Galicia e Uruguai. "É emocionante estar nunha terra que é unha parte de Galicia, unha terra que acolleu a moitas persoas que non tiñan traballo no seu país e que despois acolleu tamén a moitas persoas exiliadas da ditadura", manifestou. 

Pontón tamén dixo que atopou moitas similitudes entre a Fronte Ampla de Uruguai e o BNG. Así, dixo que "Galicia reivindica o seu status de nación" e denunciou a "mala calidade da democracia do estado español, que ten no cárcere a persoas polo simple feito de defender unhas ideas políticas, de defender o dereito do seu pobo a decidir".

Pontón continúa este mércores por Uruguai e despois viaxará a Arxentina, desde onde regresará a Galicia o vindeiro 2 de decembro. Amais de encontros políticos, a súa axenda inclúe visitas á colectividade galega en ambos os dous países.

Pontón ve en Mujica un "referente" para a esquerda
Comentarios