A portavoz do BNG, Ana Pontón, anuncia que está embarazada de 18 semanas

Ante esta novidade xa houbo reaccións políticas como a do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que felicitou á portavoz nacionalista 
La portavoz del BNG, Ana Pontón, en rueda de prensa. LAVANDEIRA JR (EFE)
photo_camera A voceira nacional do BNG, Ana Pontón. LAVANDEIRA JR (EFE)

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, anunciou este domingo que está embarazada de 18 semanas e fíxoo público na súa conta de Twitter. 

Así o manifestou: "Hai momentos na vida emocionantes e cheos de alegría. Estou vivindo un deles. En poucos meses seremos unha máis na familia. Estou embarazada de dezaoito semanas!! Non podía ser máis feliz". 

Ante esta novidade xa houbo reaccións políticas como a do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que felicitou á portavoz nacionalista con estas palabras: "Parabén, Ana! Unha gran noticia. Pola miña experiencia, que a familia creza é a mellor das decisións e a maior das alegrías. Que vaia todo ben! Un abrazo". 

Outras personalidades do mesmo ámbito, como o líder de Anova, Antón Sánchez, tamén trasladou as súas felicitacións a Ana Pontón. 

Comentarios