Prado, Alexandra Fernández e Manuel Lourenzo Sobral seguen a Bará na lista do BNG

Consello Nacional do BNG celebrado este sábado. XOÁN REY (EFE)
photo_camera Consello Nacional do BNG celebrado este sábado. XOÁN REY (EFE)

O Consello Nacional do BNG deu luz verde este sábado ás candidaturas para o 5 de abril, encabezadas polos actuais parlamentarios nacionalistas no Hórreo e con incorporacións como a da exdeputada de En Marea Alexandra Fernández —número 3 de Pontevedra— e a escritora Mercedes Queixas, que ocupa o mesmo posto pola Coruña.

En Pontevedra, seguen a Luís Bará a tamén deputada Montse Prado e Fernández. Veñen despois Manuel Lourenzo Sobral (Soutomaior), Carmela González Igrexas (Vigo) e Paulo Ríos Santomé Kai (Moaña). 

A candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón, encabeza a candidatura pola Coruña; Olalla Rodil a de Lugo, e Noa Presas, a de Ourense. 

Pontón asegurou que a configuración das listas presentadas este sábado evidencia unhas "candidaturas de excelencia" conformadas por "un grupo que funciona" pero que hai que "melloralo e enriquecelo" con algunha das incorporacións como a de Alexandra Fernández e que, ao seu xuízo, "dá mostra da capacidade do BNG para seguir sumando".

Así mesmo, o BNG tamén aprobou este sábado o seu programa electoral, que presenta como un "auténtico programa de goberno" para pedir o apoyo de la mayoría social que quiere un "cambio galego".

Pontón asegurou que a proposta coa que concorre o BNG aos comicios é un "programa con solucións e políticas autocentradas, porque sabemos que de nada vale o copia e pega doutros lugares, nin encher páxinas con promesas que no se poidan verificar". Defende así "unha propuesta de gobierno pensada para poñer en marcha unha nova Galicia: unha Galicia produtiva, innovadora, social, feminista, ecoloxista e empoderada".

Lista completa do BNG por Pontevedra
1. Luís Bará Torres. Pontevedra. Deputado no Parlamento da Galiza.
2. Montserrat Prado Cores. Cambados. Deputada no Parlamento da Galiza.
3. Alexandra Fernández Gómez. Vigo. Estudante de arquitectura. Foi deputada de En Marea no Congreso. 
4. Manuel Lourenzo Sobral. Soutomaior. Traballador do ensino público.  
5. Carmela González Igrexas. Vigo. Traballadora da Xunta e activista do movemento veciñal. 
6. Paulo Ríos Santomé Kai. Moaña. Secretario Xeral de Galiza Nova.  
7. Cristina Fernández Davila. Ponteareas. Traballadora do ensino público. 
8. Xosé Manuel Méndez Díaz. A Guarda. Traballador do ensino público. 
9. Ariadna Fernández González. Lalín. Veterinaria e activista cultural. 
10. Xosé Lois Leirós Gude. Vilagarcía de Arousa. Voceiro da Coordinadora Nacional de Emigrantes Retornad@s. 
11. Iria Villar Rodal. Cangas. Enxeñeira Técnica Agrícola. 
12. Adrián Rodríguez Bravo. Vigo. Técnico socio-cultural especializado en diversidade funcional. 
13. Sandra Fernández Agraso. Sanxenxo. Licenciada en bioloxía e traballadora no comercio. 
14. Pablo Carracedo Goldar Jásper. Cuntis. Músico (pertenceu a Nao) e traballador do ensino público. 
15. Jéssica García Cruz. Redondela. Estudante de mestrado de profesorado.
16. Francisco Chivite Mosquera. Mondariz-Balneario. Veterinario. Foi Subdirector Xeral de Gandaría. 
17. Raquel Pérez Fernández. Vigo. Sindicalista da CIG. Activista na Marcha Mundial das Mulleres. 
18. David Marcos Ramos. Mozo emigrante en Praga (Chequia). Natural de Vilagarcía de Arousa. Técnico de operacións en plataformas de xestión de dispositivos móbiles. 
19. María Dolores Dopico Aneiros. Pontevedra. Directora de Estudos Superiores de Deseño Téxtil e Moda da Galiza. 
20. André Abal Mauricio. Moaña. Responsábel da Emigración do BNG. 
21. Míriam Ferradáns Ferradás. Bueu. Poeta. 
22. Lois Pérez Castrillo. Vigo. Técnico de proxectos europeos. Foi alcalde da cidade. 

Comentarios