A Praia da Calzada arría a bandeira azul debido á falta de socorristas

Ondear o distintivo esixe a presencia de tres titulados, cando aínda só se dispón de dous
‘'Os Pasos da Fraga'’, entre A Fraga y Portasouto es uno de los puntos de mayor belleza de la senda azul.
photo_camera ‘'Os Pasos da Fraga'’, entre A Fraga y Portasouto es uno de los puntos de mayor belleza de la senda azul.

As dificultades na contratación de socorristas obrigaron ó Concello de Ponte Caldelas a arriar a bandeira azul da praia fluvial. Cando este distintivo foi concedido a principios de mes, a praia contaba cos servizos dun socorrista titulado e dous en prácticas e cumpría cos criterios esixidos de ter vixiancia todos os días da semana. Porén, ó rematar o período de prácticas, un destes decidiu non continuar no posto de traballo. Esta vacante obrigou ó Goberno municipal a comunicar á entidade que outorga a bandeira azul, Adeac, a retirada temporal da insignia, tal e como recolle a súa normativa.

O Concello adianta que un novo candidato manifestou o seu interese por cubrir o posto, polo que a problemática poderá solucionarse en breve. O tripartito aclara que optou por evitar contratar un substituto a través das empresas privadas que se están a implantar no sector, posto que estas reclaman tarifas que se achegan ós 200 euros diarios e esixindo unha contratación mínima de dous socorristas. Esta fórmula suporía "un custo irracional", di o Goberno, que apostará pola contratación do socorrista a través das canles públicas.

O Goberno municipal afirma que as dificultades para a contratación de socorristas son un problema "xenérico e complexo", que afecta "a moitos dos concellos galegos dotados de praia con bandeira azul". O alcalde da localidade, Andrés Díaz, defende que se está a realizar un importante esforzo administrativo para dar solución ó problema, agradecendo a actuación dos funcionarios municipais ante este "problema xeralizado". Solicita polo tanto comprensión, e "responsabilidade antes de lanzar críticas inxustas" contra a actuación municipal.

Dende o Concello afirman ademais que na primeira oferta de emprego para cubrir os postos de socorristas da praia foron seleccionados dous socorristas titulados, o que coa incorporación do terceiro unha vez rematadas as prácticas, tería evitado o problema. Porén, un dos seleccionados non se presentou o primeiro día de traballo, pero tampoco renunciou expresamente, o que foi tildado polo tripartito de "comportamento inadecuado", e axudou a complicar a situación. Reiteran que "se temos un problema temporal é por causas alleas ao Concello e ao esforzo dos funcionarios encargados de seleccionalos".

Coa incorporación do citado candidato ó posto, aínda sen data fixa, o Concello espera repoñer a enseña sen máis interrupcións.

Comentarios