martes. 14.07.2020 |
El tiempo
martes. 14.07.2020
El tiempo

Preocupación en Ortigueira, con tres focos de coronavirus, seis infectados e un morto

Unha muller con mascarilla.EUROPA PRESS
Unha muller con mascarilla.EUROPA PRESS
O municipio reforzará a vixilancia para que se respecte o confinamento e pide transformar unha residencia en hospital de campaña

O home de 87 anos que faleceu este xoves no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol con coronavirus é veciño do municipio coruñés de Ortigueira e tivera contacto cunha persona que chegou ao municipio desde o estranxeiro.

Así o confirmou o alcalde da localidade, o socialista Juan Penabad, quen trasladou o seu pesar á familia do falecido este xoves infectado por covid-19.

O rexedor explicou que en Ortigueira "crece" a preocupación sobre os focos de coronavirus xa que se confirmou un novo caso positivo, que eleva até seis o número total de veciños contaxiados.

O alcalde lembrou que no municipio hai "tres focos identificados", xa que ao anterior se lle suma "un baile celebrado o 12 de marzo e os participantes nunha excursión do Imserso", que se desprazaron á zona do Levante.

Ademais, o Concello pedíu á Xunta e Goberno que a residencia da asociación Aspromor, que atende a persoas con discapacidade intelectual, se convirta en hospital de campaña durante a crise sanitaria.

Juan Penabad Muras trasladou que "hai máis persoas en illamento nos seus domicilios á espera do resultado das probas", xa que "os casos confirmados están hospitalizados".

Ante estos datos, o rexedor insistiu "na necesidade de tomar moi en serio o risco que representa saír de casa" e anunciou que "se intensificará a vixilancia para que non haxa infraccións das normas de confinamento vixentes".

En canto ao número de denuncias, explicou que "en Ortigueira xa se superan as 40, entre elas una a un establecemento do municipio". Respecto diso, lembrou que "a sanción mínima é de 600 euros e pode chegar até os 30.000 dependendo da gravidade e do risco que supoña para a saúde das persoas".

Por último, Penabad Muras trasladou que "as tarefas de desinfección que xa se están realizando intensificaranse, especialmente nos lugares relacionados co tres focos de infección", reiterando e emprazando aos veciños a que "respecten a corentena".

Preocupación en Ortigueira, con tres focos de coronavirus, seis...
Comentarios