viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

Prorrogada a investigación sobre o accidente de Angrois outros 18 meses

La curva de Angrois. AEP
La curva de Angrois. AEP
A Audiencia ordenou ao xuíz reabrir a causa para indagar sobre a denuncia de borrado de datos por parte de Talgo 

O titular do xulgado de instrución número 3 de Santiago, Andrés Lago, prorrogou a declaración de complexidade da causa que investiga o accidente do tren Alvia ocorrido en Angrois hai agora máis de seis anos, de modo que amplía o prazo "por outros 18 meses máis", que contan desde a data de expiración do anterior, en decembro de 2018.  Deste xeito, o novo horizonte para terminar de investigar este sinistro, no que morreron 80 persoas e polo que hai dúas persoas imputadas (o maquinista e o exxefe de seguridade de Adif), chega agora até xuño de 2020.

No auto, con data de este mércores, o xuíz fai referencia a que están "pendentes de práctica dilixencias de investigación de natureza indispensable". E é que a mediados de mes a Audiencia Provincial da Coruña ordenou a reapertura do caso para indagar sobre a denuncia dun extraballador de Talgo que asegura que responsables desta empresa mandaron borrar datos sobre avarías do convoi tan só pasadas unhas horas do descarrilamento, no que outras 144 persoas resultaron feridas.

"SUFICIENTE PARA PODER CONCLUÍR". O novo prazo, destaca Louro, adóptase "sen que concorra unha situación de desidia ou inactividade no órgano instrutor" e estima que "se considera suficiente para poder concluír a presente instrución".  Após a reapertura da causa, o xulgado citou a declarar a catro novos testemuñas, empregados de Talgo no momento dos feitos, para os próximos 12 e 13 de decembro. 

Prorrogada a investigación sobre o accidente de Angrois outros 18...
Comentarios