Martes. 13.11.2018 |
El tiempo
Martes. 13.11.2018
El tiempo

Unha protectora de Coirós denuncia que alguén coou dous pitbull no seu espazo para gatos

Un gato na protectora de Coirós. TVG
Un gato na protectora de Coirós. TVG

Sorprendentemente, ningún animal saíu ferido

A presidenta de Gatocán, en Coirós, vén de denunciar ante a Garda Civil un acto vandálico que puido acabar en desgraza pero que, sorprendentemente, acabou sen ningún animal ferido. Segundo relatou, alguén introduciu dous pitbull no espazo para felinos das súas instalacións a través dun furado no valado. "Os cans son cans, poden activar a conduta de caza e perseguir os gatos e puido pasar unha desgraza", explicou un empregado da protectora en declaracións á TVG.

Ao parecer, os cans catalogados como potencialmente perigosos optaron pola vía pacífica e non atacaron a ningún dos gatos que apareceron empolicados ao valado. "Os cans boísimos, non fixeron dano a ningún animal. Intuímos que pola calor buscaban a sombra sen facer dano a ninguén".

Unha protectora de Coirós denuncia que alguén coou dous pitbull no...
Comentarios