jueves. 16.07.2020 |
El tiempo
jueves. 16.07.2020
El tiempo

O PSdeG e o BNG protestan pola seguridade das liñas ferroviarias cinco anos despois de Angrois

Operarios trabajando en la curva de A Grandeira, en Angrois. AEP
Operarios trabajando en la curva de A Grandeira, en Angrois. AEP

Xoaquín Fernández Leiceaga reclama ao Goberno que poña en marcha "os mecanismos" para acabar con este "déficit" ► Ana Pontón cualifica esta situación como "vergoñosa"

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamou este luns ao novo Goberno socialista de Pedro Sánchez que poña en marcha "os mecanismos" que permitan cubrir todos o "déficit existentes de seguridade" nas liñas ferroviarias.

Deste xeito, e cuestionado pola situación ferroviaria en Galicia cinco anos despois do accidente de Angrois, cuxa efeméride terá lugar este martes, Leiceaga considerou que un reforzo na seguridade da liña "sería unha boa contribución á memoria das vítimas".

"Pediríalle ao novo Goberno que poña en marcha todos os mecanismos que permitan cubrilos déficits existentes de seguridade na liña", sostivo en rolda de prensa.

Leiceaga insistiu en que neste momento é preciso "impulsar e facilitar" que a Comisión "chegue ata o final nun prazo razoable"

O portavoz do PSdeG na Cámara galega, aproveitou a súa intervención para manifestar a súa "solidariedade" coas vítimas, xa que cinco anos despois "aínda hai asuntos por resolver".

Por iso, sinalou que unha vez iniciada a Comisión de Investigación no Congreso, debe chegarse "ata o fondo" para que "se coñeza que pasou co sistema de seguridade e cos demais compoñentes que explican o accidente".

Por tanto, Leiceaga insistiu en que neste momento é preciso "impulsar e facilitar" que a Comisión "chegue ata o final nun prazo razoable".

BNG. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, anunciou este luns que o Bloque iniciará o próximo curso político demandando a activación do sistema de seguridade ERTMS, xa que é "vergoñoso" que cinco anos despois do accidente de Angrois aínda non se activou.

"Queremos máxima seguridade, é o que se prometeu e cinco anos despois non está cumprido", sostivo a portavoz da formación en rolda de prensa, un día antes de que se cumpra un lustro desde o accidente que provocou a morte de 80 persoas.

"É vergoñoso que a estas alturas esteamos como estamos", incidiu a nacionalista que ve "inexplicable e indigno" que esta medida de seguridade siga inactiva; "non ten ningún sentido", resumiu.

A portavoz do BNG tamén lamentou o trato recibido polas vítimas que aínda non recibiron nin "verdade nin xustiza"

Pontón considerou ademais que o feito de que non se puxo en funcionamento esta medida evidencia o "trato de segunda que se lle dá ás infraestruturas deste país".

"Estou convencida de que o AVE non entraría en Madrid cunha seguridade como a de Angrois", insistiu a portavoz do Bloque.

Entre as demandas do BNG tamén se inclúe a petición de activar unha comisión de investigación no Parlamento galego que dea unha perspectiva de "país" ao accidente e analice as súas "causas e consecuencias" desde Galicia.

"Non tiramos a toalla", e para iso fixo unha petición expresa ao PSdeG para que apoie esta reclamación, porque desde o punto de vista colectivo "non se entende" esta negativa.

A portavoz do BNG tamén lamentou o trato recibido polas vítimas que aínda non recibiron nin "verdade nin xustiza" ante a falta de asunción de responsabilidades política pola "conivencia" do PP e o PSOE que preferiron "protexer" a Ana Pastor e José Blanco.

Por iso, Pontón reiterou que é necesario tomar medidas neste sentido debido a que é censurable que "os máximos responsables estean blindados en cargo".

O PSdeG e o BNG protestan pola seguridade das liñas ferroviarias...
Comentarios