O PSOE de Ourense inicia unha recollida de firmas na Deputación en contra do peche do paritorio de Verín

Segundo informan os socialistas nun breve comunicado, convidaron a asinar ao presidente da institución, Manuel Baltar, "por agora sen éxito". 
Concelleira do PP en Riós asina en contra deste novo recorte da Xunta nos servizos sanitarios públicos. EUROPA PRESS
photo_camera Concelleira do PP en Riós asina en contra deste novo recorte da Xunta nos servizos sanitarios públicos. EUROPA PRESS

Baltar, líder do PP na provincia ourensá, expresou o seu rexeitamento á medida adoptada polo Goberno galego, en contra da defensa que fixo o presidente da Xunta e número uno dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo. 

Os socialistas sinalan que tamén animaron a dar o seu apoio a esta recollida de firmas en contra do peche a outros deputados do grupo de goberno provincial. 

Unha concelleira do Partido Popular no municipio ourensán de Riós, de feito, segundo aseguran e mostran a través dunha fotografía—, deixou a súa rúbrica en contra deste "novo recorte da Xunta nos servizos sanitarios públicos". 

Comentarios